Aquí tendes uns contos moi divertidos que escribiron os nenos e nenas de 6º:
miércoles, 12 de mayo de 2010
A Voz de Galicia
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria convertéronse por uns intres en xornalistas e aquí están as novas que redactaron para o concurso da Voz de Galicia.
jueves, 6 de mayo de 2010
Lecturas para todas as idades
Nesta páxina atoparedes recomendacións de libros tanto para nenos/as de distintas idades coma para as familias.
Premede aquí
Premede aquí
miércoles, 5 de mayo de 2010
Consumópolis
Este curso os nenos/as de 5º e 6º de Primaria participaron por primeira vez no concurso Consumópolis. Coa finalidade de reflexionar e concienciar sobre o consumo en xeral traballaron temas tan variados como o uso excesivo dos ordenadores ou os mp3, internet, os videoxogos... ou as compras innecesarias, a hixiene persoal, o gasto de auga, a importancia de reciclar...
Guía de usuarios da Biblioteca
Agora xa podedes acceder á Guía de Usuarios da Biblio desde aquí. Nela atoparedes información sobre o servizo de préstamo, a organización dos fondos, as normas xerais...
martes, 4 de mayo de 2010
Obradoiro de Banda Deseñada
Neste obradoiro de banda deseñada tivemos a sorte de contar coa presenza de Kiko Da Silva, o creador de "Fiz" (que tanto lles gusta aos rapaces), e tamén colaborador das revistas "El jueves" e "Retranca". Foi unha experiencia moi interesante e divertida na que todos/as aprendemos moito e por suposto, nos rimos moito.
Contacontos en Inglés
O día 28 de abril, tivemos na biblioteca do cole un contacontos en inglés "Story Telling", dirixido aos nenos/as de 2º, 3º e 4º de Primaria. Resultou moi enriquecedor e houbo unha gran participación dos propios alumnos/as.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
