Os nenos e nenas de 6º estiveron traballando con poemas e mesmo se convertiron en escritores de primeira, aquí tedes unha mostra:
E na ría E na praia
un bico de amiga. un bico de rabia.
E no mar E no campo
dous bicos de sal. dous bicos de santo.
E no colexio E no parque
tres bicos de desexo. tres bicos con arte.
E no lar E no estanque
seis bicos na man. seis bicos ao instante.
E no tellado E no mercado
dez bicos dourados. dez bicos de pecado.
E no corazón E na floristería
cen bicos de ilusión. cen bicos ao día.
Nenos/as de 6º Sandra Solla
miércoles, 23 de noviembre de 2011
martes, 22 de noviembre de 2011
CONTACONTOS
Hoxe comezamos coas sesións de contacontos na biblioteca preparadas polos nenos e nenas do Cole. Os rapaces de 3º contáronlle unha fermosa historia a Infantil e 1º de Primaria:

Todos quedamos encantados e agardando que a experiencia se repita moi pronto.

Todos quedamos encantados e agardando que a experiencia se repita moi pronto.
domingo, 6 de noviembre de 2011
TINTIN
O venres 28 de outubro estreouse nos cines españois a película "Las aventuras de Tintin: El secreto del unicornio". Trátase dunha adaptación dirixida por Steven Spielberg das aventuras do famoso persoaxe de cómic creado por Hergé (Georges Remi).
Pode ser unha oportunidade para reler ou introducirte nas aventuras deste curioso xornalista, ¡achégate a biblio e colle o libro!
martes, 16 de noviembre de 2010
MAGOSTO 2010
No magosto deste ano tivemos unha chea de actuacións que podedes ver máís abaixo nos vídeos.
Para facervos unha idea da festa podedes botarlle un ollo as fotos.
Os de infantil cantáronnos Castañas, castañas que ricas están.
Os de primeiro e segundo ciclo de Primaria fixeron Macedonia de Outono.
Os de terceiro ciclo de Primaria cantaron Puré de Castañas.

martes, 2 de noviembre de 2010
HALLOWEEN / SAMAÍN NO COLE
Este ano no Paraixal festexamos o Halloween / Samaín por todo o alto. Á parte da decoración habitual na clase de inglés, tamén se decoraron os corredores con debuxos, carteis e móbiles relativos a esta temática.
Ademais fíxose unha exposición coas cabazas que os nenos/as de Primaria prepararon nas súas casas.
Os de Educación Infantil coa axuda da profe de inglés fixeron as "jack o'lantern" na súa clase.
Ademais fíxose unha exposición coas cabazas que os nenos/as de Primaria prepararon nas súas casas.
Os de Educación Infantil coa axuda da profe de inglés fixeron as "jack o'lantern" na súa clase.
UN MES, UNHA NORMA
Está aí porque durante este curso 2010/11, cada mes
exporase unha das normas que traballamos para non
esquecernos.
Este cartel correspondente ao mes de outubro foi elaborado
polos nenos/as de 6º de Primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)