miércoles, 2 de octubre de 2013

NOVIDADES

Bo día a todo o mundo! Escríbovos para informarnos que a nosa biblioteca xa abriu as súas portas neste curso e que xa funciona o servizo de préstamo. Tamén dicirvos que o novo número da revista Caracola xa chegou. Seguro que máis de un vaise alegrar de saber que hai novas historias que ler! Esperamosvos!

martes, 1 de octubre de 2013

1 de outubro: Dia internacional das persoas maiores

Aquí deixovos un artigo sobre o día internacional das persoas maiores. Espero que vos faga reflexionar sobre a súa importancia na nosa vida diaria. http://www.un.org/es/events/olderpersonsday/

viernes, 21 de junio de 2013

Polo verán... contos sen parar

No verán temos moito máis tempo para lecer e desfrutar dunha boa lectura. Aquí vos deixo información sobre actividades de contacontos que de seguro desfrutaredes.

lunes, 10 de junio de 2013

85º do nacemento de Maurice Sendak

Hoxe é o 85º aniversario do nacemento de Maurice Sendak autor de libros infantís tan importantes coma Onde viven os monstros. http://es.wikipedia.org/wiki/Maurice_Sendak

miércoles, 15 de mayo de 2013

Poema de Roberto Vidal Bolaño

A clase de segundo e primeiro curso de primaria traballaron un poema de Roberto Vidal Bolaño. Convidaron aos seus amigos de infantil a escoitalos e mesmo a participares nel.
Velaí unhas fotiños para que disfrutedes!

martes, 14 de mayo de 2013

Contacontos e taller de cómic no Corte Inglés

Co galo das Letras Galegas vánse celebrar no Corte Inglés dous obradoiros :
- Contacontos "Linda á espreita"


O martes 14 de maio ás 18:30 na Librería -Planta baixa.
Linda é unha vaca diferente ás demáis. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao esterior da granxa. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa.









  -Taller de cómic " A debuxar con Marcopola".

 Mércores 15 de maio ás 18:30 na librería- Planta baixa.
 É un obradoiro de cómic dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos.
 Nesta actividade o escritor e ilustrador Jacobo Fernández, apoiándose na        personaxe de Marcopola. A illa remeira, ensínalle a debuxar os personaxes do cómic.





Se queres participar nestas acitvidades INSCRIBETE no teléfono   986 416 400

viernes, 3 de mayo de 2013

A lenda de Saint Jordi

Os alumnos de cuarto fixeron unha sesión de contacontos aos nenos de infantil. Tratábase da lenda de Saint Jordi que traballaron na clase de língua galega.