jueves, 26 de noviembre de 2015

Sons Miudos

O catro de xaneiro vai a ver un concerto moi especial no Auditorio Mar de Vigo, os artistas máis coñecidos da música galega infantil vanse xuntar nun evento irrepetible. Dende a biblioteca animámosvos a pedirlle as entradas ao apalpador coma regalo de Nadal.

martes, 24 de noviembre de 2015

150 anos de Alicia

Fai uns días na páxina de google puidemos ver un debuxo para celebrar o 150 aniversario do nacemento de Alicia no Pais das Marabillas. Deixámosvos un enlace para aqueles interesados en saber máis sobre o personaxe. http://cultura.elpais.com/cultura/2015/05/23/actualidad/1432400906_608763.html

CRUCIGRAMAS E OUTROS XOGOS

O mundo das letras non só se trata de libros...tamén hai xogos coma os crucigramas que nos encantan para xogar e ler un pouco. http://www.caxigalines.net/cruci/frutas.html http://www.juegaspeque.com/Pasatiempos/sopaletras.html http://www.pequejuegos.com/juego-mini-ahorcado.html

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Samaín na biblioteca

Este ano decidimos facer un concurso de relatos de medo polo Samaín na que participou case toda primaria. Algúns deses relatos foron terroríficos! En infantil e en primeiro tivemos un concurso de debuxo e tamén houbo varios gañadores. Botádelle un ollo as fotos para ver que ben o pasamos!

martes, 3 de noviembre de 2015

Contacontos no Paraixal

Hoxe tivemos a sorte de contar, unha vez máis, con Miguel para unha sesión de contacontos.
Pasámolo de medo recordando as historias do Cullarapo Croque e O soño de Esther ,entre outros.
Xa estamos desexando que chegue o curso que ven para repetir!

miércoles, 14 de octubre de 2015

Maleta viaxeira

Ola a todos!
Coma tódolos anos recibimos unha invitación do CEFORE  para recoller unha das súas maletas viaxeiras.
Cada ano cambia a súa temática e este curso estaba adicada ao cómic para primeiros lectores.




 O profe Anxo recolle parte dos cómics para a súa titoria.
A profe Ana recolle os libros de infantil.