miércoles, 18 de marzo de 2020

MUSEOS VIRTUAIS

Estes días temos que quedar na casa pero iso non significa que non poidamos facer visitas a museos. Na web https://www.europapress.es/desconecta/curiosity/noticia-10-museos-visitas-virtuales-pasear-salir-casa-20200313191810.html podedes atopar algúns exemplos como:

1. Pinacoteca di Brera - Milán. Visítao pinchando neste enlace

2. Galleria degli Uffizi - Florencia. Visítao pinchando neste enlace.

3. Museo del Louvre - París. Visítao pinchando neste enlace


Pero non só hai a posibilidade de visitar museos internacionais, desde a Xunta dan acceso 3D aos museos galegos, entre eles o Museo do Mar de Vigo.

Podedes acceder a todos pinchando na imaxe: 


martes, 17 de marzo de 2020

XOGOS DE MOVEMENTO

Os nen@s necesitan moverse, algo que se está a complicar se poder saír da casa. Por iso os ensino unha serie de xogos que traballan o movemento e á vez a memoria, concentración, lateralidade...

Facede clic nas imaxes para ver os videos:

https://www.facebook.com/Estimulacion.babystars/videos/625798351538584/UzpfSTEyOTgyNjA0OTg6MTAyMjA1MjE1MzQzNzA1MzU/




https://www.facebook.com/Estimulacion.babystars/videos/578812762892454/?v=578812762892454

Son videos sacados da páxina de Facebook: Baby Stars Estimulación Temprana. Alí podedes atopar máis exemplos: circuitos que podedes crear coa axuda dos cativos/as, xogos de motricidade... Sacade fotos das cousas que ides facendo e podedes mandalas ao email da clase de infantil. Ánimo!

Tamén podedes xogar coas letras e o movemento, como nos xogos que nos indica James Van Der Lust neste vídeo:



Tamén é moi necesario o baile, podedes inventar coreografías ou xogar ao Just Dance cos videos colgados en youtube, por exemplo este de piratas:


lunes, 16 de marzo de 2020

CONTO SOBRE O CORONAVIRUS

O Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid elaborou este conto para explicar aos nenos e nenas que é o Coronavirus.




FUENTE: https://issuu.com/colegiooficialpsicologosmadrid/docs/cuento_rosa_contra_el_virus_alta

Tamén é interasante explicarlles a importancia de lavar as mans con xabón a través de este experimento sinxelo, que eles xa coñecían por facelo coa mamá de Mara.




Por último, Dalmaus.com ofrece un conto sobre a importancia de quedar na casa, para colorear, e inclúe un diploma para cando remate o confinamento.


PLASTILINA CASERA



Un dos xogos por excelencia da etapa infantil é a plastilina, xa que contribúe ao desenvolvemento de múltiples aprendizaxes: creatividade, motricidade fina, relaxación... Nesta web podedes ler todas esas vantaxes: https://www.hacerfamilia.com/ocio/noticia-beneficios-jugar-plastilina-ninos-20150216090810.html

Por iso, e ante a imposiblidade destes días de comprala, podemos facela dun xeito facílisimo na casa:

FUENTE; https://www.facebook.com/MamaVuntu/posts/748048908720915

Podedes ver tamén en vídeo os pasos a seguir, o colorante é prescindible, se non o tedes na casa non pasa nada:



YOGA PARA NEN@S

Estes días seguro que estamos máis nerviosos do habitual, por iso é importante traballar a relaxación cos cativos/as. No cole ao volver do recreo, como ás veces estamos moi axitados, empregamos estes videos para calmarnos.



Tamén podedes atopar na web moitas tarxetas con outras posturas. Por exemplo: https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/blog/posturas-yoga-ninos-pdf

Pero recordade facelo con precaución e evitar as posturas perigosas.

IDEAS PARA XOGAR CON NEN@S NA CASA

Agora que imos pasar moito tempo dentro das casas cos nosos fillos/as, colgamos unha serie de actividades que podemos facer para amenizar o tempo.



lunes, 2 de marzo de 2020

UN BOSQUE VIAXEIRO

Hoxe tivemos a visita da investigadora do CSIC Nieves Pilar Vidal González. Puidemos tocar prantas e coñecer os seus nomes, a súa procedencia e a súa evolución.



Gustounos moitos ver estas árbores en minitatura e de agasallo recibimos un globiño.