Os nenos e nenas de 6º Primaria traballaron a poesía na clase e mesmo se animaron a compoñer algunha. Aquí tedes unhas mostras:
Un poemiña teño que facer
un poemiña fácil non é,
pero eu dígoche que me vai saír ben:
O amor é belo e non podes descrer* del,
o amor é belo e ti podes gozar del.
SARA ÁLVAREZ
Ti es a flor
do meu amor.
Ti me iluminas
cando camiñas.
Na miña porta
o amor me amosas.
ALEJANDRO
Moitos agasallos me fan
e sempre comigo están,
o que eu quero no me fai caso
pero eu me conformo cun abrazo.
MONSE SOUTO
Dáme un bico,
dáme amor,
éche dóce
o meu corazón.
NATHALIE FIGUERA
viernes, 28 de mayo de 2010
lunes, 17 de mayo de 2010
Día das Letras Galegas: Uxío Novoneyra
Este ano o Día das Letras Galegas como xa sabemos está adicado ao poeta lugués Uxío Novoneyra. Coas unidades didácticas e actividades en liña elaboradas polo Seminario Galán aprendemos máis sobre el.
jueves, 13 de mayo de 2010
Lecturas útiles para os pais e nais
Nestas páxinas atoparedes lecturas moi útiles para a educación dos vosos fillos e fillas.
Premede aquí
Premede aquí
Aprendemos sobre a biblio
Con estas fichas os nenos/as aprenderán máis sobre a organización da biblioteca e como atopar información.
miércoles, 12 de mayo de 2010
A Voz de Galicia
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria convertéronse por uns intres en xornalistas e aquí están as novas que redactaron para o concurso da Voz de Galicia.
jueves, 6 de mayo de 2010
Lecturas para todas as idades
Nesta páxina atoparedes recomendacións de libros tanto para nenos/as de distintas idades coma para as familias.
Premede aquí
Premede aquí
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
