martes, 16 de noviembre de 2010

MAGOSTO 2010

No magosto deste ano tivemos unha chea de actuacións que podedes ver máís abaixo nos vídeos.
Para facervos unha idea da festa podedes botarlle un ollo as fotos.


Os de infantil cantáronnos Castañas, castañas que ricas están.







Os de primeiro e segundo  ciclo de Primaria fixeron Macedonia de Outono.






Os de terceiro ciclo de Primaria cantaron Puré de Castañas.

martes, 2 de noviembre de 2010

HALLOWEEN / SAMAÍN NO COLE

Este ano no Paraixal festexamos o Halloween / Samaín por todo o alto. Á parte da decoración habitual na clase de inglés, tamén se decoraron os corredores con debuxos, carteis e móbiles relativos a esta temática.
Ademais fíxose unha exposición coas cabazas que os nenos/as de Primaria prepararon nas súas casas.

Os de Educación Infantil coa axuda da profe de inglés fixeron as "jack o'lantern" na súa clase.


UN MES, UNHA NORMA

Seguro que xa vichedes este cartel no taboleiro exterior.
Está aí porque durante este curso 2010/11, cada mes
exporase unha das normas que traballamos para non
esquecernos.
Este cartel correspondente ao mes de outubro foi elaborado
polos nenos/as de 6º de Primaria

miércoles, 27 de octubre de 2010

CURSO 2010/11 BENVIDOS AO PARAIXAL

Comeza un novo curso e SABINO dende a biblioteca, Mickey e Minnie queren darlles a benvida a todos/as, especialmente ao novo alumnado que decidiu escoller o CEIP Paraixal. En de Primaria temos a Dylan, en a Raúl Cameselle, en a Xoán e en Educación Infantil 3 anos comezan a súa aprendizaxe: Mª del Águila, Iago, Anxo Fernández, Xiana, Antía, Nahiara, Anxo Martínez, Alejandro, Jessica e Adrián.

viernes, 28 de mayo de 2010

Obradoiro de Poesía

Os nenos e nenas de 6º Primaria traballaron a poesía na clase e mesmo se animaron a compoñer algunha. Aquí tedes unhas mostras:

Un poemiña teño que facer
un poemiña fácil non é,
pero eu dígoche que me vai saír ben:
O amor é belo e non podes descrer* del,
o amor é belo e ti podes gozar del.
SARA ÁLVAREZ

Ti es a flor
do meu amor.
Ti me iluminas
cando camiñas.
Na miña porta
o amor me amosas.
ALEJANDRO

Moitos agasallos me fan
e sempre comigo están,
o que eu quero no me fai caso
pero eu me conformo cun abrazo.
MONSE SOUTO


Dáme un bico,
dáme amor,
éche dóce
o meu corazón.
NATHALIE FIGUERA

lunes, 17 de mayo de 2010

Día das Letras Galegas: Uxío Novoneyra

Este ano o Día das Letras Galegas como xa sabemos está adicado ao poeta lugués Uxío Novoneyra. Coas unidades didácticas e actividades en liña elaboradas polo Seminario Galán aprendemos máis sobre el.

jueves, 13 de mayo de 2010

Lecturas útiles para os pais e nais

Nestas páxinas atoparedes lecturas moi útiles para a educación dos vosos fillos e fillas.
Premede aquí