miércoles, 29 de febrero de 2012

POLO CORREO DO VENTO

O pasado día 15 de febreiro desenvolveuse na Biblioteca do Centro a actividade "POLO CORREO DO VENTO". Viñeron ao colexio o escritor "Mau" e o ilustrador "Pin" para presentarnos un dos seus contos e aos seus protagonistas: o galo "Manolo", a pita "Agapita", a carteira "Andoriña"...
Mentres Man nos contaba a historia deles, Pin debuxábanos nun mural as esceas clave da narración.
Posteriormente, todos participamos na nosa primeira "roda de prensa" e a continuación, nun obradoiro, debuxamos paso a paso ao protagonista do conto. Por último, fixemos a exposición.
Pasámolo xenial e aprendemos moito!

miércoles, 22 de febrero de 2012

DEREITOS DA INFANCIA: "Cada mes un dereito"

                                                 

Dentro da exposición sobre os DEREITOS DA INFANCIA que estamos facendo neste curso 2011-12 o mes de FEBREIRO os nenos de 1º de Primaria fixeron un cartel sobre o DEREITO Á SAÚDE.

Este é o dos nenos e nenas de Educación Infantil para este mes de marzo:

O cartel de 3º de primaria:



Este foi o cartel de 5º de primaria no mes de DECEMBRO:


 E este é o cartel de 6º de primaria no mes de novembro: 

miércoles, 15 de febrero de 2012

CONCURSO ESCOLAR ONCE

Os nenos de 5º e 6º seguimos a traballar no Concurso Escolar ONCE.
Hoxe acercámonos ao alfabeto dactilolóxico e aprendemos a deletrear os nosos nomes:
           
Despois intentamos modelar con plastilina algún obxecto sin velo previamente e aquí tedes unha mostra dos resultados. Realmente difícil!!


A continuación descubrimos que ter unha discapacidad non é sinónimo de non ter éxito. Aquí vos deixamos algúns exemplos:
Francisco de Goya
Andrea Bocelli
Helen Keller
John Forbes Nash
Van Gogh
Stephen Hawking
Ludwig van Beethoven
Ray Charles

Con todos os datos recopilados elaboramos un mural:    

martes, 14 de febrero de 2012

MALETAS VIAXEIRAS DE POESÍA

Estos días estamos a disfrutar no Cole da maleta viaxeira de poesía que nos prestou o CEFORE de Vigo.

sábado, 11 de febrero de 2012

CONCURSO ESCOLAR ONCE

Hoxe comezamos a traballar no Concurso Escolar da Once "Fai o teu barrio accesible".
Para acercarnos aos distintos tipos de discapacidades, vimos varios vídeos dos que vos deixamos aquí os enlaces e que agardamos que vos chegaran e fagan reflexionar da mesma maneira que a nós:


Discapacidade visual         Discapacidade motriz        

Cidades discapacitadas          Integración

 

martes, 7 de febrero de 2012

NOVIDADES

Sabino foi de compras e trouxo un montón de novas lecturas para a Biblio. Achégate ao espazo de novidades e compróbao ti mesmo! Seguro que che gustan!

martes, 31 de enero de 2012

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz no Cole. Ademais das actividades que podedes ver nas fotos da web do Centro, aquí tedes dous vídeos cos traballos, exposicións de libros da Biblioteca, lectura de poemas, debuxos, murais... que fixeron os nenos e nenas do Cole e que seguro vos axudarán a reflexionar sobre a importancia do tema.