miércoles, 15 de mayo de 2013

Poema de Roberto Vidal Bolaño

A clase de segundo e primeiro curso de primaria traballaron un poema de Roberto Vidal Bolaño. Convidaron aos seus amigos de infantil a escoitalos e mesmo a participares nel.
Velaí unhas fotiños para que disfrutedes!

martes, 14 de mayo de 2013

Contacontos e taller de cómic no Corte Inglés

Co galo das Letras Galegas vánse celebrar no Corte Inglés dous obradoiros :
- Contacontos "Linda á espreita"


O martes 14 de maio ás 18:30 na Librería -Planta baixa.
Linda é unha vaca diferente ás demáis. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao esterior da granxa. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa.









  -Taller de cómic " A debuxar con Marcopola".

 Mércores 15 de maio ás 18:30 na librería- Planta baixa.
 É un obradoiro de cómic dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos.
 Nesta actividade o escritor e ilustrador Jacobo Fernández, apoiándose na        personaxe de Marcopola. A illa remeira, ensínalle a debuxar os personaxes do cómic.





Se queres participar nestas acitvidades INSCRIBETE no teléfono   986 416 400

viernes, 3 de mayo de 2013

A lenda de Saint Jordi

Os alumnos de cuarto fixeron unha sesión de contacontos aos nenos de infantil. Tratábase da lenda de Saint Jordi que traballaron na clase de língua galega.

martes, 23 de abril de 2013

23-A: DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro: cada un escolleu un conto da biblio do Cole e o preparou para despois contarllo a un compañeiro. Ao rematar fixemos un debuxo sobre el e con todos un gran mural. Aquí vos deixamos unha mostra: DÍA DO LIBRO III on PhotoPeach E fixemos os debuxos: DÍA DO LIBRO IV on PhotoPeach Os rapaces/as de Infantil nos deixan uns debuxos dos contos que escolleron para o Día do Libro: DÍA DO LIBRO I on PhotoPeach Algúns nenos/as viñeron vestidos como o seu personaxe de conto preferido. Recibiron un pequeno agasallo e un diploma pola súa participación: DÍA DO LIBRO II on PhotoPeach

lunes, 22 de abril de 2013

Día do libro

Co galo do día do libro a Concellería de Igualdade convidounos a facer unha reflexión sobre o papel da muller en diferentes conmemoracións, sendo esta data unha delas. Deixámosvos o enlace para que investiguedes un pouco.

 http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/

viernes, 19 de abril de 2013

ONCE

  O xoves 18 segundo e terceiro ciclo de primaria contaron a evolución da organización da ONCE .
Ademáis de estudiar a súa historia tamén trataron de vivir a experiencia de cómo é a vida dunha persoa invidente facendo tarefas cos ollos tapados, contándolle a súa vivencia aos compañeiros.


lunes, 8 de abril de 2013

A Reconquista de Vigo

O venres cinco de abril celebraron os nenos e nenas de primeiro ciclo de primaria o día da Reconquista falándolle dos feitos acontecidos aos compañeiros de infantil.
Mirade que ben o fixeron! A Reconquista de Vigo on PhotoPeach