miércoles, 30 de octubre de 2013

30 OUTUBRO - DÍA TERRORÍFICO NO CEIP PARAIXAL

Hoxé será un día terrorífico no CEIP Paraixal: sustos, bromas, historias e contos de medo...
Ás doce haberá unha película para os máis valentes:

FELIZ HALLOWEENNNNNNNNNNNNNNNNNNN!!!!!!!!!

Contacontos

Onte tivemos unha sesión de contacontos no colexio levada a cabo por Helen Burr.

Contacontos con Helen on PhotoPeach

lunes, 28 de octubre de 2013

24 de outubro

O día 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas escolares que como ven sabedes este ano adícaselle a ler ciencia na biblioteca.
Nos conmemorámolo facendo entrega das mochilas viaxeiras a cada clase

Mochilas viaxeiras on PhotoPeach

lunes, 21 de octubre de 2013

Libros terroríficos



Polo Samaín imos ter unha selección de libros novos relacionados con monstros, bruxas e outras criaturas.

 O primeiro deles e Los Alienson que son unha típica familia normal....Bo, casi pois veñen dos país de Valvax-7.  Tamén teñen unha mascota dun so ollo , Chucho.

 A continuación temos Los Humanson que tamén teñen as súas peculiaridades como lavar o coche con iogur.

Se queredes saber máis sobre eles pincha
http://www.freakstreet.com.au/home.html
















 Pongwiffy é unha bruxa un tanto especial xa que dase conta que non pode seguir coa súa vida pouco saudable polo que decide poñerse en forma . Se queredes saber cómo acaba o conto podedes collela na biblioteca na sección de novidades.





jueves, 17 de octubre de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro vaise celebrar o día das bibliotecas escolares.
Este ano vai estar adicado a ciencia polo que vos invitamos a mergullarvos nesta sección descubrindo as ciencias naturais, a astronomía, a física, a bioloxía ou a xeoloxía nos nosos libros, en internet ou na revista de ciencias.
Asi mesmo aquí vos deixo uns enlaces que espero vos gusten

http://www.igaciencia.eu/drupal7/

http://www.labirintos.eu/

miércoles, 16 de octubre de 2013

O cullarapo Croque

Hoxe os nenos e nenas de infantil teñen un taller de contacontos " O cullarapo Croque".

Se queredes saber máis podedes pinchar no seguinte enlace

http://cullarapocroque.blogspot.com.es/

O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo. O Cullarapo Croque on PhotoPeach

viernes, 11 de octubre de 2013

Fotos de día do correo

Como ben sabedes, o nove de outubro celebramos o día do correo con moitas postais que chegaron ao noso cole. Primeiro investigamos cómo é unha postal, despois fumos a escribilas na biblioteca e por último levámolas ao buzón. Este día repartiron o correo por aulas e os nosos titores foron os encargados de darnolo. Día do correo on PhotoPeach