viernes, 27 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

25N

Esta semana celebramos o  25N o  Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada dedicada a facernos reflexionar sobre os distintos tipos de violencia que sofren miles de mulleres de todo o mundo.
                                 

 O día conmemora o asasinato das irmáns Mirabal no ano  1960, coñecidas como "As Bolboretas": Patria, Minerva e María Teresa e por iso  o alumnado participo na elaboración deste mural.


Ademais realizamos lecturas acerca dalgunhas mulleres que  destacaron por ser pioneira do feminismo na loita da igualdade.

Con todo dende a biblioteca recoméndavos a lectura dalgún destes libros: 


                           







sábado, 14 de noviembre de 2020

MES DAS CIENCIAS


En novembro celébrase o mes da Ciencia e ademais hoxe 13 de novembro é o Dia das Librarías.

Con todo nestes momentos resulta importante apoiar ao pequeno comercio das vilas e das cidades, que sempre estiveron ao carón de nós. 

A nosa mascota Sabino recoméndavos algúns libros de ciencias en galego que poderías mercar:


   


sábado, 31 de octubre de 2020

AS CABAZAS

 as cabazas mais monstruosas
 
Hoxe é a noite máis terrorífica do ano andade con moito coidado a ver se vos ides atopar con algunha fantasma.....


Para entretervos deixovos un link onde podedes ver todas as cabazas que fixeron os nen@s do cole. Grazas pola participación!



martes, 27 de octubre de 2020

SAMAIN

 A semana máis terrorífica do ano!!

Chegou o outono e con el as súas cores, e a festa das Cabazas ou Samaín.  Preparados para comezar a tallalas ?

Este ano como é especial decoraredes as cabazas nas vosas casas como nos cursos pasados, cando esté rematada mandaredes unha foto dela ao email dos titores, estas serán impresas e colocadas na aula. Se hai moita participación faremos un concurso! Polo que animadevos a participar!!! 



Vos deixo un video dunha lenda que explica a historia de Samain. Espero que vos gusten e… moito ollo coas pantasmas, bruxas e morcegoooooooooossssssss

https://www.youtube.com/watch?v=uLKkcStWgqE&feature=youtu.be

sábado, 24 de octubre de 2020

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

DÍA DAS BIBLIOTECAS 


Hoxe 24 de outubro é o día das biblotecas. E xa están en marcha as nochas mochilas viaxeiras!

Estamos a vivir unha NOVA REALIDADE  polo que este curso vai a ser diferente pero seguro que vai ser un ano de novos descubrimentos, posibilidades, cheo de creatividade, imaxinación e, por suposto, de fantásticas aventuras a través dos libros.

Dada a actual situación, sabemos que non poderemos desenvolver algunhas das actividades que viñamos realizando na nosa biblioteca, pero intentaremos programar e levar a cabo outras novas. Este blog será a principal vía de difusión das actividades propostas.

Moito ánimo e moitas lecturas!

viernes, 19 de junio de 2020

DEBERES PARA O VERÁN

O curso chega ao seu fin! Un curso atípico e estrano. ..
Propóñovos unha serie de actividades que atopei na Rede, para facer durante verán, xa nos contaredes cantas sodes quen de completar 😊

Aproveito a última entrada para agradecer ás familias a súa colaboración e dedicación nesta situación!

Bo Verán 😚😚

jueves, 18 de junio de 2020

CONTACONTOS A. L.

A profe Cami despídese de nós da mellor forma posible: contando un conto. Seguro que o recordados, titúlase A que sabe a lúa! !



Moitas grazas por todas as túas actividades!!!