O venres 25 celebramos no cole a actividade de Unicef "Un día para mover o mundo" con motivo da conmemoración o pasado 20 de novembro do día mundial da infancia.
Primeiro traballouse nas aulas unha lectura sobre a que conversamos e despois, por grupos, fixéronse propostas de accións que os nenos estarían dispostos a levar a cabo co fin de erradicar a fame no mundo. Escribiron cada mensaxe nunha cartolina que representaba a bola do mundo e pegárona nun pao de madeira co que logo fixemos unha exposición. Ademais, no patio do cole xuntámonos todos e lemos os lemas elaborados á vez que baixo dun paracaídas moviamos a esfera do mundo.
Aquí tedes unhas fotos para que lle botedes un vistazo!!!
Se preferides tamén podedes cantar a canción que traballaron os nenos e nenas de infantil!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario