Hoxe, 22 de marzo, é o “Día Mundial da Auga”, e no colexio unímonos á celebración coa organización dun evento con valores deportivos e solidarios, que á vez supón unha xornada de convivencia entre os nenos/as, a “IV Carreira de Gotas para Níxer”.
Durante estes días estamos traballando a importancia de usar a auga de xeito
axeitado, ademais de cal é a situación de moitos nenos e nenas do mundo que non
teñen a fortuna de contar con auga potable próxima e de calidade. Concretamente
estamos participando na campaña educativa promovida por UNICEF chamada "Gotas
para Níxer". A situación deste país africano, un dos máis pobres do mundo no que un
de cada cinco nenos e nenas non chega aos cinco anos de idade, precisa da nosa
atención.
Un dos elementos que pode servir para mellorar esta realidade é o desenvolvemento
do programa de Supervivencia Infantil que esta organización leva adiante en Níxer,
poñendo un especial énfase en proporcionar aos habitantes un mellor acceso á auga
potable, da que só poden gozar o 48%, un sistema de saneamento (latrinas,
sumidoiros e xestión de residuos) só ao alcance do 9% dos seus habitantes e a
promoción de prácticas hixiénicas básicas e efectivas.
Na web do Cole podes atopar os vídeos desta actividade
Na web do Cole podes atopar os vídeos desta actividade
No hay comentarios:
Publicar un comentario