Onte tivemos un taller sobre a igualdade no colexio a cargo do Concello. Participamos todo o colexio.
Taller da igualdade on PhotoPeach
martes, 17 de diciembre de 2013
Contacontos de Migallas
O día 5 de decembro tivemos en infantil unha sesión de contacontos na biblioteca a cargo de Migallas.
Mirade as fotos!
Contacontos de Migallas on PhotoPeach
Mirade as fotos!
Contacontos de Migallas on PhotoPeach
Bailamos?
As veces non todo se trata de estudar e facer cousas para o noso futuro, as veces trátase de desfrutar como esta nena bailando....quen sabe?
¿Bailamos? por dm_523e02e4c6a97
¿Bailamos? por dm_523e02e4c6a97
viernes, 13 de diciembre de 2013
Novidades
Boas a todos! Volvemos a presentarvos as novidades de libros e esperamos acertar.
Se vos gusta algún xa sabedes qué facer: ir polo rincón de novidades e coller o libro en empréstitos.
A disfrutar deles!
Para aqueles a quen vos guste o fútbol tedes unha historia na que vos quedaredes enganchados.
Torcuato ten serías dúbidas de que seu irmán xemelgo é en realidade o seu ánxel da garda. Se queredes saber máis teredes que ir as súas páxinas e descubrir qué pasa.
Que dicirvos de Greg que non saibades? Unha nova historia da súa vida que vos gustará tanto coma as anteriores.
Esta historia da hormiga María gustaravos moito.
A historia de O.T.R.O.S. tamén vos gustará. Tratase dunha sociedade secreta un tanto diferente e con historias divertidas.

martes, 3 de diciembre de 2013
Marcapáxinas
Os alumnos de primeiro ciclo de primaria fixeron uns marcapáxinas na biblioteca como actividade de animación a lectura.
viernes, 29 de noviembre de 2013
Novos títulos na biblioteca
Ademáis de música, hoxe tamén temos novas novidades en canto a títulos.
Comezaremos polos máis novos do cole que poderán disfrutar das aventuras dos seus amigos os animais
Celestino métese nun pequeno problema co seu organillo. Un día visitando a colmea, a reina das abellas decidiu que ela tamén era quen de facer soar aquel organillo e convidou a tódolos bichiños a un concerto.Este foi un desastre e acabou co organillo de Celestino destrozado. Quedou o pobre sen o seu organillo e converteuse nun vagabundo ata que un día a Mosca Tosca conseguiulle un violín e volveu deleitar aos bichiños coa súa música.

Coa chegada da primaveira os paxariñlo comezaban a pousarse cantaríns nas polas do bello abeto onde vivía Cecilia Herrerilla. Esta frenética construcción de niños provocaba un estrondo que poñia a Cecilia de moi mal humor. Entón ocorreu algo que indignouna todavía máis, unha cría caeu do seu niño e foi parar diante da porta da casiña de madeira de Herrerilla.
jueves, 28 de noviembre de 2013
CANTAJUEGO
Hoxe en novidades imos ter algo moi especial para os máis pequenos do cole...novos CANTAJUEGOS!
Contamos con novos volumes : 3,4 e 5.
Esperamos que sexan do voso agrado.
Se queredes saber algo máis sobre o voso grupo musical favorito pinchade no seguinte enlace
http://www.cantajuego.com/
Contamos con novos volumes : 3,4 e 5.
Esperamos que sexan do voso agrado.
Se queredes saber algo máis sobre o voso grupo musical favorito pinchade no seguinte enlace
http://www.cantajuego.com/
martes, 26 de noviembre de 2013
jueves, 21 de noviembre de 2013
Pan de millo
Hoxe chegounos esta canción tan chula feita cos alumnos de educación infantil de EEI de Verducido. É do novo disco de Migallas.
Esperamos que vos guste como idea para os Reis!
Esperamos que vos guste como idea para os Reis!
viernes, 15 de noviembre de 2013
Contacontos
Os nenos e nenas de 6º de primaria levan dous venres facendo contacontos na biblioteca para os seus compañeiros de 1º e 2º. Todos estamos moi contentos. Aquí vos deixamos unhas imaxes da experiencia:
viernes, 8 de noviembre de 2013
Fotos da celebración de Samaín
O xoves 30 celebramos o día de Samaín con un concurso de relatos de medo e despois unha sesión de cine vendo Hotel Transilvania.
Velaí tedes as fotos para desfrutar delas!
Lecturas do Samaín on PhotoPeach
Velaí tedes as fotos para desfrutar delas!
Lecturas do Samaín on PhotoPeach
martes, 5 de noviembre de 2013
O que atopamos nas biblioteca
Imos repasar un pouco o que podemos atopar na nosa biblioteca collendo prestada a presentación do CEIP Victor Sáenz de Mazaricos na Coruña.
Espero que desfrutedes co traballo dos compañeiros.
Espero que desfrutedes co traballo dos compañeiros.
miércoles, 30 de octubre de 2013
30 OUTUBRO - DÍA TERRORÍFICO NO CEIP PARAIXAL
Hoxé será un día terrorífico no CEIP Paraixal: sustos, bromas, historias e contos de medo...
Ás doce haberá unha película para os máis valentes:
Ás doce haberá unha película para os máis valentes:
FELIZ HALLOWEENNNNNNNNNNNNNNNNNNN!!!!!!!!!
Contacontos
Onte tivemos unha sesión de contacontos no colexio levada a cabo por Helen Burr.
Contacontos con Helen on PhotoPeach
Contacontos con Helen on PhotoPeach
lunes, 28 de octubre de 2013
24 de outubro
O día 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas escolares que como ven sabedes este ano adícaselle a ler ciencia na biblioteca.
Nos conmemorámolo facendo entrega das mochilas viaxeiras a cada clase
Mochilas viaxeiras on PhotoPeach
Nos conmemorámolo facendo entrega das mochilas viaxeiras a cada clase
Mochilas viaxeiras on PhotoPeach
lunes, 21 de octubre de 2013
Libros terroríficos
Polo Samaín imos ter unha selección de libros novos relacionados con monstros, bruxas e outras criaturas.
O primeiro deles e Los Alienson que son unha típica familia normal....Bo, casi pois veñen dos país de Valvax-7. Tamén teñen unha mascota dun so ollo , Chucho.
A continuación temos Los Humanson que tamén teñen as súas peculiaridades como lavar o coche con iogur.
Se queredes saber máis sobre eles pincha
http://www.freakstreet.com.au/home.html
Pongwiffy é unha bruxa un tanto especial xa que dase conta que non pode seguir coa súa vida pouco saudable polo que decide poñerse en forma . Se queredes saber cómo acaba o conto podedes collela na biblioteca na sección de novidades.
jueves, 17 de octubre de 2013
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
O 24 de outubro vaise celebrar o día das bibliotecas escolares.
Este ano vai estar adicado a ciencia polo que vos invitamos a mergullarvos nesta sección descubrindo as ciencias naturais, a astronomía, a física, a bioloxía ou a xeoloxía nos nosos libros, en internet ou na revista de ciencias.
Asi mesmo aquí vos deixo uns enlaces que espero vos gusten
http://www.igaciencia.eu/drupal7/
http://www.labirintos.eu/

miércoles, 16 de octubre de 2013
O cullarapo Croque
Hoxe os nenos e nenas de infantil teñen un taller de contacontos " O cullarapo Croque".
Se queredes saber máis podedes pinchar no seguinte enlace
http://cullarapocroque.blogspot.com.es/
O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo. O Cullarapo Croque on PhotoPeach
Se queredes saber máis podedes pinchar no seguinte enlace
http://cullarapocroque.blogspot.com.es/
O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo. O Cullarapo Croque on PhotoPeach
viernes, 11 de octubre de 2013
Fotos de día do correo
Como ben sabedes, o nove de outubro celebramos o día do correo con moitas postais que chegaron ao noso cole.
Primeiro investigamos cómo é unha postal, despois fumos a escribilas na biblioteca e por último levámolas ao buzón.
Este día repartiron o correo por aulas e os nosos titores foron os encargados de darnolo.
Día do correo on PhotoPeach
Maleta de poesía
Hoxe fixemos a presentación da maleta de poesía que nos deixaron no centro de recursos de Vigo.
Houbo unha presentación do material e despois foi repartido por todo o centro para que poidamos desfrutar del.
Maleta de poesía on PhotoPeach
miércoles, 9 de octubre de 2013
9 de outubro: Día internacional do Correo
Hoxe celébrase o día internacional do Correo.
A historia do correo comeza ca historia do noso mundo, xa que sempre tivemos a necesidade de comunicarnos entre nos de diferentes modos: viaxando,por correo, por teléfono e hoxe en día por correo electrónico.
Deixámosvos aquí un enlace para que saibades máis sobre este sistema de comunicación
http://www.correos.es/ss/Satellite/site/pagina-historia_informacion_corporativa/sidioma=es_ES
E para os máis pequenos aquí temos outra historia de correo
http://www.correos.es/ss/Satellite/site/pagina-historia_informacion_corporativa/sidioma=es_ES
E para os máis pequenos aquí temos outra historia de correo
martes, 8 de octubre de 2013
lunes, 7 de octubre de 2013
sábado, 5 de octubre de 2013
miércoles, 2 de octubre de 2013
A volta ao mundo en 80 días
Tal día coma hoxe en 1872, parte o protagonista da novela de Xulio Verne a gañar a súa aposta de dar a volta ao mundo en 80 días.
Se queredes saber algo máis podedes ler o seguinte artigo
http://es.wikipedia.org/wiki/La_vuelta_al_mundo_en_ochenta_d%C3%ADas
NOVIDADES
Bo día a todo o mundo!
Escríbovos para informarnos que a nosa biblioteca xa abriu as súas portas neste curso e que xa funciona o servizo de préstamo.
Tamén dicirvos que o novo número da revista Caracola xa chegou. Seguro que máis de un vaise alegrar de saber que hai novas historias que ler!
Esperamosvos!
martes, 1 de octubre de 2013
1 de outubro: Dia internacional das persoas maiores
Aquí deixovos un artigo sobre o día internacional das persoas maiores. Espero que vos faga reflexionar sobre a súa importancia na nosa vida diaria.
http://www.un.org/es/events/olderpersonsday/
viernes, 21 de junio de 2013
Polo verán... contos sen parar
No verán temos moito máis tempo para lecer e desfrutar dunha boa lectura.
Aquí vos deixo información sobre actividades de contacontos que de seguro desfrutaredes.
lunes, 10 de junio de 2013
85º do nacemento de Maurice Sendak
Hoxe é o 85º aniversario do nacemento de Maurice Sendak autor de libros infantís tan importantes coma Onde viven os monstros.
http://es.wikipedia.org/wiki/Maurice_Sendak
miércoles, 15 de mayo de 2013
Poema de Roberto Vidal Bolaño
A clase de segundo e primeiro curso de primaria traballaron un poema de Roberto Vidal Bolaño. Convidaron aos seus amigos de infantil a escoitalos e mesmo a participares nel.
Velaí unhas fotiños para que disfrutedes!
Velaí unhas fotiños para que disfrutedes!
martes, 14 de mayo de 2013
Contacontos e taller de cómic no Corte Inglés
Co galo das Letras Galegas vánse celebrar no Corte Inglés dous obradoiros :
- Contacontos "Linda á espreita"
O martes 14 de maio ás 18:30 na Librería -Planta baixa.
Linda é unha vaca diferente ás demáis. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao esterior da granxa. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa.
-Taller de cómic " A debuxar con Marcopola".
Mércores 15 de maio ás 18:30 na librería- Planta baixa.
É un obradoiro de cómic dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos.
Nesta actividade o escritor e ilustrador Jacobo Fernández, apoiándose na personaxe de Marcopola. A illa remeira, ensínalle a debuxar os personaxes do cómic.
Se queres participar nestas acitvidades INSCRIBETE no teléfono 986 416 400

viernes, 3 de mayo de 2013
A lenda de Saint Jordi
Os alumnos de cuarto fixeron unha sesión de contacontos aos nenos de infantil. Tratábase da lenda de Saint Jordi que traballaron na clase de língua galega.
martes, 23 de abril de 2013
23-A: DÍA DO LIBRO
Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro: cada un escolleu un conto da biblio do Cole e o preparou para despois contarllo a un compañeiro. Ao rematar fixemos un debuxo sobre el e con todos un gran mural. Aquí vos deixamos unha mostra:
DÍA DO LIBRO III on PhotoPeach
E fixemos os debuxos:
DÍA DO LIBRO IV on PhotoPeach
Os rapaces/as de Infantil nos deixan uns debuxos dos contos que escolleron para o Día do Libro:
DÍA DO LIBRO I on PhotoPeach
Algúns nenos/as viñeron vestidos como o seu personaxe de conto preferido. Recibiron un pequeno agasallo e un diploma pola súa participación:
DÍA DO LIBRO II on PhotoPeach
lunes, 22 de abril de 2013
Día do libro
Co galo do día do libro a Concellería de Igualdade convidounos a facer unha reflexión sobre o papel da muller en diferentes conmemoracións, sendo esta data unha delas.
Deixámosvos o enlace para que investiguedes un pouco.
http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/
http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/
viernes, 19 de abril de 2013
ONCE
O xoves 18 segundo e terceiro ciclo de primaria contaron a evolución da organización da ONCE .
Ademáis de estudiar a súa historia tamén trataron de vivir a experiencia de cómo é a vida dunha persoa invidente facendo tarefas cos ollos tapados, contándolle a súa vivencia aos compañeiros.
Ademáis de estudiar a súa historia tamén trataron de vivir a experiencia de cómo é a vida dunha persoa invidente facendo tarefas cos ollos tapados, contándolle a súa vivencia aos compañeiros.
lunes, 8 de abril de 2013
A Reconquista de Vigo
O venres cinco de abril celebraron os nenos e nenas de primeiro ciclo de primaria o día da Reconquista falándolle dos feitos acontecidos aos compañeiros de infantil.
Mirade que ben o fixeron! A Reconquista de Vigo on PhotoPeach
Mirade que ben o fixeron! A Reconquista de Vigo on PhotoPeach
Rosalía: unha meniña
O día 4 de abril celebramos no colexio o día de Rosalía cunha sesión na biblioteca na que coñecimos mellora a figura de Rosalía.
Esperemos que vos gusten as fotos Rosalía: unha meniña on PhotoPeach
Esperemos que vos gusten as fotos Rosalía: unha meniña on PhotoPeach
jueves, 4 de abril de 2013
miércoles, 3 de abril de 2013
Consumopolis
Este curso os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria participamos no Concurso "Consumópolis" que ten como finalidade a formación de consumidores responsables. Poderedes disfrutar en breve dos nosos traballos finais: un calendario que trate o tema "Consumo responsable de alimentos y el deporte: la dieta saludable".
lunes, 1 de abril de 2013
Concurso Escolar Once
Este segundo trimestre os nenos e nenas do 3º ciclo estiveron a traballar nos vídeos que o Concurso Escolar Once lles pedía que fixeran. Como vimos facendo desde hai varios cursos, primeiro temos que informarnos sobre o tema, que este ano se leva por título "La Cápsula del tiempo" e realizar varias actividades previas. Aquí tedes unha mostra delas:
Nun mural fixemos unha recopilación dos principais avances que facilitaron a integración e en xeral, a vida das persoas discapacitadas.
Concurso Escolar Once on PhotoPeach
Cada un expresou os seus sentimentos despois de ver varios vídeos e de levar a cabo varias actividades:
Os seus corazóns tamén latexan on PhotoPeach
Proximamente colgaremos os vídeos que presentamos ao concurso
jueves, 21 de marzo de 2013
21-M: DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Poesía. No cole quixemos celebralo cunha exposición de libros da biblioteca seleccionados polos propios nenos/as e de pequenos poemas que escolleron. Aquí tedes unha mostra:
Día da poesía on PhotoPeach
Día da poesía on PhotoPeach
Este é a exposición que resultou:
jueves, 14 de marzo de 2013
SEMANA DA PRENSA
Ao longo desta semana estivemos traballando cos distintos xornais e coa prensa dixital. Quixemos enlazar o Noveno Aniversario do 11M coa conmemoración da semana da prensa e ver como se trataba o tema nos distintos xornais nacionais e autonómicos desde a web. Aquí vos deixamos algunhas frases que nos impactaron dentro das distintas novas:
viernes, 8 de marzo de 2013
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O venres, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller. Aproveitando que nos próximos días celebraremos a "Semana da Prensa", comezamos a actividades lendo as novas sobre o tema nos xornais dixitais.
Ademais, este ano quixemos recordar a "Evolución da Muller nas películas de Disney" e para eso visionamos o vídeo todos xuntos na Biblioteca do Cole:
A continuación, por cursos coloreamos ás protagonistas dos diferentes contos:
Día Internacional da Muller on PhotoPeach
Emparellamos cada unha das imaxes co seu nome e coas características que a definen:
Os nosos traballos on PhotoPeach
E o mural final:
martes, 5 de marzo de 2013
jueves, 31 de enero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)