viernes, 29 de noviembre de 2013

Novos títulos na biblioteca

Ademáis de música, hoxe tamén temos novas novidades en canto a títulos.
Comezaremos polos máis novos do cole que poderán disfrutar das aventuras dos seus amigos os animais

Celestino métese nun pequeno problema co seu organillo. Un día visitando a colmea, a reina das abellas decidiu que ela tamén era quen de facer soar aquel organillo e convidou a tódolos bichiños a un concerto.Este foi un desastre e acabou co organillo de Celestino destrozado. Quedou o pobre sen o seu organillo e converteuse nun vagabundo ata que un día a Mosca Tosca conseguiulle un violín e volveu deleitar aos bichiños coa súa música.
Coa chegada da primaveira  os paxariñlo comezaban a pousarse cantaríns nas polas do bello abeto onde vivía Cecilia Herrerilla. Esta frenética construcción de niños provocaba un estrondo que poñia a Cecilia de moi mal humor. Entón ocorreu algo que indignouna todavía máis, unha cría caeu do seu niño e foi parar diante da porta da casiña de madeira de Herrerilla.






Un libro-atril con 50 experimentos para aprender dunha maneira práctica. Cada experimento ten dúas páxinas: na primeira , a explicación paso a paso para a súa realización ; e na segunda, o resultado, a súa explicación científica e unha serie de datos adicionais. Os experimentos permiten coñecer aspectos da terra, a natureza , o corpo ou a astronomía, e tamén a fabricar obxectos curiosos e aportar solucións de desenrolo sostible.

 Se tes o  kukú polo chan , o que necesitas é un bo sobekukús! E sabes como se fabrica o sobekukús? Co zume dunha froita moi difícil de encontrar: o melocotón do inferno. Sardiña, Pequeno Lulú e o capitán Mancha Amarela propuxéronse encontralo. Ségueos ata o Inferno!
 Insiders fai que a selva tropical cobre vida coa información máis actualizada e as máis modernas ilustracións en terceira dimensión que practicamente saltan en cada páxina e que estimulas a mente e a imaxinación dunha forma totalmetne nova.
Viaxa ao interior da Terra e descubre un planeta vivo, polo que fúe a lava líquida e que tembla porque os continentes móvense. Disfruta das impresionantes imáxes en 3D e aprende cómo se poden evitar futuras catástrofes. “Volcanes y terremotos”,  proporciona respostas a multitude de preguntas e curiosidades, como cales son as partes dun volcán?, cal é a orixe dos tsunamis?, por qué a agua dun xéiser sae á superficie a presión?, cómo se forman as illas?, por qué as pagodas sobreviven aos terremotos? Na segunda parte do libro, uns extraordinarios e detallados debuxos recrean algunhas das erupcións máis catastróficas da historia: o Vesubio (79 d.C.),  o Krakatoa (1883), o Kilauea (activo desde 1983); e algún dos terremotos máis devastadores (Lisboa 1755, San Francisco 1906, Kobe 1995 ou o tsunami do océano Índico en 2004). Cada tema ocupa unha doble páxina, que contén unha imaxen a gran tamaño e varias fotografías e debuxos con detalles sorprendentes. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario