viernes, 30 de noviembre de 2018

IV XORNADAS DE IGUALDADE



Aproveitando a semana do Día contra a Violencia de Xénero organizáronse no centro as IV Xornadas de Igualdade.

Pola mañá recibimos a visita da asociación InterRed para facer uns obradoiros con nós. O pasamos xenial cos xogos que nos prepararon.




domingo, 25 de noviembre de 2018

25N- DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como xa sabedes este ano o tema elexido para traballar polo centro é AS MULLERES. Por iso, neste día contra a violencia de xénero decidimos descubrir entre todos 25 mulleres importantes ao longo da historia e crear un libro para a nosa biblio.

Cada clase investigou sobre 5 mulleres e hoxe explicamos ao resto as nosas pesquisas. Mirade que libro máis chulo fixemos:





viernes, 9 de noviembre de 2018

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

Como todos os anos, desde o Concello de Vigo recibimos a visita de Elsa para facer con nós un obradoiro de igualdade.

Ao alumnado de Infantil encántaunos o conto que contou e as súas máscaras, a que nos quedan moi ben?



martes, 30 de octubre de 2018

MALETA DE IGUALDADE

Seguro que xa sabedes que este ano eleximos o tema das Mulleres como fío xeral do centro. Por iso entre outras actividades buscamos favorecer a igualdade a través do conto. E grazas a axuda do CFR de Vigo temos durante un mes unha mochila chea de libros con esta temática. Ollade:


Dende o centro tamén  mandamos xa as nosas mochilas viaxeiras a casa de 7 afortunadas/os. Deixámosvos o contido de cada unha das mochilas:


viernes, 26 de octubre de 2018

I XORNADAS AMBIENTAIS E DE CONSUMO

Hoxe 26 de outubro celebramos as I Xornadas ambientais e de consumo. Pola mañá tivemos 2 obradoiros para o alumnado no que aprenderon a observar con outros ollos o lixo que tiramos, pois pode convertirse nun xoguete. Como demostrou  Sandra cos seus barquiños feitos con noces, teas, e masa de fariña e auga. Gustaronnos un montón e puidemos levar un para casa.
Os máis maiores tivemos que debatir as cousas que necesitamos para vivir e recollimos todo por escrito. 
            



 Pero non só aprenden as nenas e nenos do cole, pola tarde Familias e profes fixemos unhas xornadas de consumo responsable, as primeiras de moitas.




miércoles, 24 de octubre de 2018

DIA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de outubro celebramos o día internacional das Bibliotecas e para festexalo fixemos unha actividade que nos encanta: APADRIÑAMENTOS LECTORES, onde o alumnado máis maior contou un conto ao de menor idade. Gozaron moito e xa nos piden repetir pronto. E que hai mellor forma de motivalos a ler??









jueves, 20 de septiembre de 2018

DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO 2018

O 15 de setembro celebrouse o día Internacional do Punto, pois foi a data na que se publicou o libro "El Punto" de Peter H. Reynolds. Este conto trata de fomentar a creatividade das persoas a partir do lema: ONDE HAI UN PUNTO HAI UN CAMIÑO. Narra a historia de Vashti, unha nena que cre que non é unha artista, pero a partir do debuxo dun punto descubre ata donde pode chegar a súa creatividade.

                                                    Resultado de imaxes para dia internacional do punto

O alumnado de infantil limos este conto e fixemos a nosa propia obra de arte e un mural cooperativo sobre el. Mirade que artistas estamos feitos:

            

martes, 19 de junio de 2018

GRAZAS AXUDANTES

Hoxe fixemos unha merendola co alumnado que durante o curso axudaron a organizar e colocar os libros, mesas e estanterías da nosa biblioteca.

Moitas grazas a todos e todas pero especialmente a Saúl, Nahiara e Jessi pola súa constancia.



miércoles, 6 de junio de 2018

CONTACONTOS APAMP

Hoxe tivemos a sorte de escoitar o conto: Elisa no mundo das marabillas, creado e ilustrado por persoas con paralise cerebral da residencia APAMP en Vigo. Pero non só contaron a historia  tamén nos ensinaron unha canción que nos fixo bailar a todos e todas.

Moita grazas por vir de visita e agasallarnos co voso conto, quedará na Biblioteca para que o alumnado o disfrute.

Se queredes saber máis sobre este proxecto poderes visitar a súa web: http://www.apamp.org/PROYECTO_ELISA.HTML



martes, 15 de mayo de 2018

Festival Internacional de Títeres

Esta semana celébrase en Redondela o Festival Internacional de Títeres. Consulta as actividades no seguinte link: http://festivaltiteresredondela.es/programa/  Aproveitade o día das letras galegas para ir.





lunes, 23 de abril de 2018

DIA DO LIBRO

Para celebrar a chegada do día do libro os maiores do cole "apadriñaron" aos pequenos e lles leron un conto no patio. E como mostra de agradecemento intercambiaron un marcapáxinas feito con moito agarimo!!!

Como nos gusta que nos conten contos :)




jueves, 22 de marzo de 2018

MOCHILAS CFR VIGO

Durante 3 semanas tivemos a sorte de ter no cole 2 maletas do CFR de Vigo.

 Canto disfrutamos ca de Funcións executivas composta de varios xogos cos aprendimos a traballar en equipo e a pensar.



Tamén puidemos coñecer mellor as nosas emocións con diferentes contos. Mirade cantos!


Agradecemos ao CFR a iniciativa e estamos desexando que cheguen máis.

miércoles, 21 de febrero de 2018

SOS ILLA FANTASÍA

Chegounos un fragmento da expedición marítima de Illa Fantasía pedindonos axuda. A nosa misión: atopar palabras relacionadas con mar escritas polo patio e facer pareados con elas.

Mirade que ben buscaron os nenos e nenas do cole:


  
 .  



 



Xa vos enseñaremos o poema Feito entre todo o cole ;)

domingo, 11 de febrero de 2018

11 FEBREIRO DIA DA MULLER NA CIENCIA

Hoxe celébrase o día internacional da muller e a nena na ciencia por iso o pasado Luns día 5 de febreiro tivemos como convidada a Luisa do CSIC, unha cientifica que nos amosou as maravillas que ten o mar e a importancia de coidar as nosas praias.

Contounos o conto de A Ola e trouxo unha caixa chea de cousas que atopou no mar para que investigaramos o que podían ser. As ulimos, as tocamos, miramolas cunha lupa... Encantounos investigar como científicos e científicas.  Ademais nos ensinou como erosionan as rocas e pouco a pouco vanse convertindo en area moi fina.


viernes, 19 de enero de 2018

COCIÑANDO LECTURAS

Hoxe os nenos e nenas de 1° fixeron unhas ricas madalenas empregando a receita do libro de Ledicia Costas: Escarlatina, a cociñeira defunta. Demostrando que ler e divertirse é posible.




Todo o alumnado do cole cheirou o magnífico recendo que saía da aula de cociña. A ver se a próxima vez nos invitan a probalas que seica estaban riquísimas!

jueves, 18 de enero de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana foron para casa de 7 familias as Mochilas Viaxeiras do Paraixal cargadiñas de actividades e historias para desfrutar en familia.


jueves, 11 de enero de 2018

EN BUSCA DO DRAGÓN

Dende Illa Fantasía propuxéronnos un reto para realizar no Nadal: atopar un dragón que deixaron na biblioteca pública Juan Compañel de Vigo.  E xa comezan a chegarnos algunhas:



Moitas grazas ás familias por animarse a participar ;)