Hoxe celébrase o día contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca do Paraixal queremos sumarnos cunha exposición de contos sobre igualdade que durante estas semanas estivemos lendo na aula grazas a aportación dalgunha familia e os obradoiros de igualdade celebrados o Venres 17. Dende o noso centro cremos que temos que educar dende infancia para conseguir eliminar este tipo de violencia.
Ademáis, onte fixemos un mural entre todo o alumnado do centro e uns brazaletes morados co símbolo do Yin e Yang, proposto dende o proxecto de
Illa Fantasía no que participa o centro. Ollade que ben quedaron: