Os nenos e nenas pasan o día comparando: eu son máis alto que ela, isto é máis longo que isto outro, a tartaruga é máis lenta que o guepardo... Podemos aproveitar esta curiosidade nata para propoñer xogos e actividades. Algúns exemplos:
Medida dos nosos zapatos: comparar a talla de zapatos dos diferentes membros da casa e ordenalos de maior a menor ou viceversa, aproveitar para escribir os números e comparalos...
Trasvases de sólidos e líquidos: xogando as nenas e nenos aprenden moitos conceptos de medida, so temos que ofrecerlles os medios. Algo que lles encanta é facer trasvases duns recipientes a outros con culler, xarras, vasos... Con estes xogos podemos aproveitar para facerlles preguntas como: onde cabe máis/menos?, que recipiente ten máis/menos capacidade?, cantas culler pensas que necesitas para encher este vaso? cantos vasos podes encher con esta xarra? poden facer prediccións e despois comprobalas por eles mesmos.
Medida de tempo: É importante traballar o paso do tempo e axudarlles a situarse no día en que viven. Para iso debemos usar un calendario e ir tachando con eles os días que van pasando, falando do día da semana que é, en que mes estamos, cantos días quedan para rematar o mes... Ademais podemos levar un rexistro do tempo que fai cada día e marcalo nunha folla como esta:
Animádevos a probar e nos contades ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario