martes, 24 de noviembre de 2015
CRUCIGRAMAS E OUTROS XOGOS
O mundo das letras non só se trata de libros...tamén hai xogos coma os crucigramas que nos encantan para xogar e ler un pouco.
http://www.caxigalines.net/cruci/frutas.html
http://www.juegaspeque.com/Pasatiempos/sopaletras.html
http://www.pequejuegos.com/juego-mini-ahorcado.html
miércoles, 4 de noviembre de 2015
Samaín na biblioteca
Este ano decidimos facer un concurso de relatos de medo polo Samaín na que participou case toda primaria. Algúns deses relatos foron terroríficos!
En infantil e en primeiro tivemos un concurso de debuxo e tamén houbo varios gañadores.
Botádelle un ollo as fotos para ver que ben o pasamos!
martes, 3 de noviembre de 2015
Contacontos no Paraixal
Hoxe tivemos a sorte de contar, unha vez máis, con Miguel para unha sesión de contacontos.
Pasámolo de medo recordando as historias do Cullarapo Croque e O soño de Esther ,entre outros.
Xa estamos desexando que chegue o curso que ven para repetir!
Pasámolo de medo recordando as historias do Cullarapo Croque e O soño de Esther ,entre outros.
Xa estamos desexando que chegue o curso que ven para repetir!
lunes, 26 de octubre de 2015
miércoles, 14 de octubre de 2015
Maleta viaxeira
Ola a todos!
Coma tódolos anos recibimos unha invitación do CEFORE para recoller unha das súas maletas viaxeiras.
Cada ano cambia a súa temática e este curso estaba adicada ao cómic para primeiros lectores.
O profe Anxo recolle parte dos cómics para a súa titoria.
A profe Ana recolle os libros de infantil.
Coma tódolos anos recibimos unha invitación do CEFORE para recoller unha das súas maletas viaxeiras.
Cada ano cambia a súa temática e este curso estaba adicada ao cómic para primeiros lectores.
O profe Anxo recolle parte dos cómics para a súa titoria.
A profe Ana recolle os libros de infantil.
martes, 26 de mayo de 2015
Carapuchiña en verso
Na clase de lingua de segundo curso escribiron o conto de Carapuchiña Vermella en verso.
Había unha vez unha nena,
que era pequena.
Levaba unha carapuchiña
para ir quentiña.
A súa nai díxolle que fora,
a casa da súa avoa,
pois ela estaba maliña
e tiña que quedar na camiña.
Mandoulle non falar co lobo,
poi era malo e bobo.
-Marcha co cesto polo camiño
e non fales co lobiño.
Ía recollendo flores
de moitas cores.
Encontrou ao lobo
que comía un ovo.
-Onde vas Carapuchiña?
- A casa da miña avoiña.
Boraron unha carreira
a ver se chega primeira.-
Chegou o lobo de primeiro
e tragouna dun bocado enteiro.
Vestiuse de avoiña
e chegou Carapuchiña.
Petou na porta
que estaba torta.
- Entra Carapuchiña
que son a túa avoiña!
-Que ollos máis grandes tes!
Coma os meus pés!
-Son para verte mellor
para sorte maior!
- Que mans máis grandes tes!
Coma os meus pes!
- Son para tocarte mellor
para sorte maior!
-Que orellas máis grandes tes!
Coma os meus pes!
-Son para oirte mellor
para sorte maior!
-Que boca máis grande tes!
Coma os meus pés!
-É para comerte mellor!
PARA SORTE MAIOR!
Carapuchiña comezou a berrar,
o lobo a quere matar!
Chegou un cazador
chamado Amador.
Sacou un fusil
e deixouno coma un funil.
Saiu a avoiña
e quedaron contentiñas.
E colorín, colorado,
este conto está rematado.
Había unha vez unha nena,
que era pequena.
Levaba unha carapuchiña
para ir quentiña.
A súa nai díxolle que fora,
a casa da súa avoa,
pois ela estaba maliña
e tiña que quedar na camiña.
Mandoulle non falar co lobo,
poi era malo e bobo.
-Marcha co cesto polo camiño
e non fales co lobiño.
Ía recollendo flores
de moitas cores.
Encontrou ao lobo
que comía un ovo.
-Onde vas Carapuchiña?
- A casa da miña avoiña.
Boraron unha carreira
a ver se chega primeira.-
Chegou o lobo de primeiro
e tragouna dun bocado enteiro.
Vestiuse de avoiña
e chegou Carapuchiña.
Petou na porta
que estaba torta.
- Entra Carapuchiña
que son a túa avoiña!
-Que ollos máis grandes tes!
Coma os meus pés!
-Son para verte mellor
para sorte maior!
- Que mans máis grandes tes!
Coma os meus pes!
- Son para tocarte mellor
para sorte maior!
-Que orellas máis grandes tes!
Coma os meus pes!
-Son para oirte mellor
para sorte maior!
-Que boca máis grande tes!
Coma os meus pés!
-É para comerte mellor!
PARA SORTE MAIOR!
Carapuchiña comezou a berrar,
o lobo a quere matar!
Chegou un cazador
chamado Amador.
Sacou un fusil
e deixouno coma un funil.
Saiu a avoiña
e quedaron contentiñas.
E colorín, colorado,
este conto está rematado.
jueves, 14 de mayo de 2015
Dia das Letras Galegas
Este ano, como saberedes, o día das Letras Galegas está adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde.
En segundo curso fixemos uns libros pequeniños sobre o autor aínda que, nalgunhas páxinas faltaba información. A actividade consistiu en buscar os datos que faltaban nuns carteis informativos que enviou Educación aos centros. Todos levaron un premio por participar.

En segundo curso fixemos uns libros pequeniños sobre o autor aínda que, nalgunhas páxinas faltaba información. A actividade consistiu en buscar os datos que faltaban nuns carteis informativos que enviou Educación aos centros. Todos levaron un premio por participar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)