Dende Illa Fantasía propuxéronnos un reto para realizar no Nadal: atopar un dragón que deixaron na biblioteca pública Juan Compañel de Vigo. E xa comezan a chegarnos algunhas:
Moitas grazas ás familias por animarse a participar ;)
jueves, 11 de enero de 2018
jueves, 21 de diciembre de 2017
A BIBLIOTECA NO PRIMEIRO TRIMESTRE
Como xa sabedes, a nosa biblioteca non é soamente un espazo para ler e disfrutar dos libros. É o lugar onde nos xuntamos para realizar actividades internivelares como visitas de escritores, contacontos, xornadas de igualdade, obradoiros... Trátase dun espazo para os nenos e nenas pero tamén para as familias, un lugar para ler pero tamén para aprender.
Se queredes coñecer as actividades que fixemos neste primeiro trimestre ollade:
miércoles, 29 de noviembre de 2017
GALEGÓMETRO
O Venres pasado entregamos os premios do I GALEGÓMETRO do curso. Os gañadores foron: Saúl, Sofía, Nahiara (representada por Jessi), Sara e Nayara. NORABOA!!!!
Para os que non sabedes, o Galegómetro é un concurso de preguntas co que pretendemos fomentar o uso da lingua galega e aprender cousas novas da nosa cultura. Estas son as cuestións que apareceron ata o momento, a ver se sodes quen de acertalas todas:
Para os que non sabedes, o Galegómetro é un concurso de preguntas co que pretendemos fomentar o uso da lingua galega e aprender cousas novas da nosa cultura. Estas son as cuestións que apareceron ata o momento, a ver se sodes quen de acertalas todas:
sábado, 25 de noviembre de 2017
25 NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe celébrase o día contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca do Paraixal queremos sumarnos cunha exposición de contos sobre igualdade que durante estas semanas estivemos lendo na aula grazas a aportación dalgunha familia e os obradoiros de igualdade celebrados o Venres 17. Dende o noso centro cremos que temos que educar dende infancia para conseguir eliminar este tipo de violencia.
martes, 14 de noviembre de 2017
lunes, 20 de junio de 2016
Grazas voluntarios!
Xa estamos a rematar o curso escolar, e coma tódolos anos, celebrámolo cos nosos voluntarios cunha merendola na biblioteca.
Velai as fotos.
martes, 14 de junio de 2016
O PAPAGAIO
Fai pouco que naceu a revista O Papagaio do Consorcio Editorial Galego. Aquí vos deixamos o enlace para que lle botedes un ollo a ver se vos gusta.
http://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






