miércoles, 30 de enero de 2019

MULLERES DE PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz no cole, e para iso investigamos sobre todas as mulleres que gañaron o PREMIO NOBEL DA PAZ. Descubrimos que só hai 15 mulleres fronte aos 90 homes galardonados.

Buscamos información sobre onde naceron estas mulleres, en que ano gañaron o premio nobel e o motivo. Recollendo toda esta información en tarxetas que pegamos nun mapa mundi e que posteriormente servirannos para xogar cos nosos robots.



Por último cantamos todas e todos xuntos algunhas cancións que aprendimos co profe Anxo.




viernes, 30 de noviembre de 2018

IV XORNADAS DE IGUALDADE



Aproveitando a semana do Día contra a Violencia de Xénero organizáronse no centro as IV Xornadas de Igualdade.

Pola mañá recibimos a visita da asociación InterRed para facer uns obradoiros con nós. O pasamos xenial cos xogos que nos prepararon.




domingo, 25 de noviembre de 2018

25N- DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como xa sabedes este ano o tema elexido para traballar polo centro é AS MULLERES. Por iso, neste día contra a violencia de xénero decidimos descubrir entre todos 25 mulleres importantes ao longo da historia e crear un libro para a nosa biblio.

Cada clase investigou sobre 5 mulleres e hoxe explicamos ao resto as nosas pesquisas. Mirade que libro máis chulo fixemos:





viernes, 9 de noviembre de 2018

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

Como todos os anos, desde o Concello de Vigo recibimos a visita de Elsa para facer con nós un obradoiro de igualdade.

Ao alumnado de Infantil encántaunos o conto que contou e as súas máscaras, a que nos quedan moi ben?



martes, 30 de octubre de 2018

MALETA DE IGUALDADE

Seguro que xa sabedes que este ano eleximos o tema das Mulleres como fío xeral do centro. Por iso entre outras actividades buscamos favorecer a igualdade a través do conto. E grazas a axuda do CFR de Vigo temos durante un mes unha mochila chea de libros con esta temática. Ollade:


Dende o centro tamén  mandamos xa as nosas mochilas viaxeiras a casa de 7 afortunadas/os. Deixámosvos o contido de cada unha das mochilas:


viernes, 26 de octubre de 2018

I XORNADAS AMBIENTAIS E DE CONSUMO

Hoxe 26 de outubro celebramos as I Xornadas ambientais e de consumo. Pola mañá tivemos 2 obradoiros para o alumnado no que aprenderon a observar con outros ollos o lixo que tiramos, pois pode convertirse nun xoguete. Como demostrou  Sandra cos seus barquiños feitos con noces, teas, e masa de fariña e auga. Gustaronnos un montón e puidemos levar un para casa.
Os máis maiores tivemos que debatir as cousas que necesitamos para vivir e recollimos todo por escrito. 
            



 Pero non só aprenden as nenas e nenos do cole, pola tarde Familias e profes fixemos unhas xornadas de consumo responsable, as primeiras de moitas.




miércoles, 24 de octubre de 2018

DIA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de outubro celebramos o día internacional das Bibliotecas e para festexalo fixemos unha actividade que nos encanta: APADRIÑAMENTOS LECTORES, onde o alumnado máis maior contou un conto ao de menor idade. Gozaron moito e xa nos piden repetir pronto. E que hai mellor forma de motivalos a ler??