viernes, 5 de junio de 2020

DIA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celébrase o Día mundial dos medio ambiente! Xa sabedes que no cole gústanos coidar o noso contorno e aprender cómo facelo. Nos axudades?


Aproveito para comentarvos unha iniciativa de artelixo que terá lugar esta tarde en Redondela, por se vos apetece dar un paseo por alí. Ademais poderedes atopar unha exposición de arte con material de refugallo. Clicade na foto para saber máis:


Se ides sacade moitas fotos e collede ideas para o próximo reto semanal: crear reutilizando material ;) 

FRUITS AND VEGETABLES

LET´S PLAY WITH SALADS! / IMOS XOGAR CON ENSALADAS!

https://www.sesamestreet.org/games?id=20585

WHAT´S YOUR FAVORITE VEGETABLE? / CAL É O TEU VEXETAL FAVORITO?


jueves, 4 de junio de 2020

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

Hice déixovos unha serie de propostas que Eva Solaz, educadora e psicóloga infantil, comparte no seu Facebook para o traballo das emocións.

Clicando en cada semana abrirase un PDF con contos sobre diferentes temas emocionais e exercicios de meditación.





Se queredes saber un poco máis sobre Ela e o seu programa RETO: https://eligeeducar.cl/reto-programa-educativo-basado-manejo-las-emociones


miércoles, 3 de junio de 2020

KAHOOT III

Recordades todo o que aprendimos no 1º trimestre sobre os animais do mar? Para repasar as aprendizaxes déixovos este kahoot (facede clic na imaxe):


Espero que vos guste ;)

martes, 2 de junio de 2020

A SOPRAR BARQUIÑOS

PROPOSTA DA MESTRA DE A.L.: 

Boas!

Con estes días tan soleados, apetece moito xogar coa auga, verdade? Pois esta semana, imos soprar barquiños feitos con cortiza! :)

Como sabedes, exercitar a respiración é moi importante para mellorar a nosa articulación e vocalización, que están desenvolvendo nestas idades. Para facer deste exercicio un momento lúdico e divertido, vos propoño:

Barquiños de cortiza

Os tapóns de cortiza que temos por casa e sempre rematan no lixo, son un material estupendo para reutilizar e facer xogos. Neste caso, imos reutilizalos dándolle unha segunda vida creando barquiños para o xogo das crianzas.

Con esta proposta imos crear uns barquiños para xogar con auga: na bañeira, nun cubo na terraza ou xardín da casa (dependedo das vosas posibilidades), xa que o bo tempo invita a xogar coa auga.


 Materiais que precisamos: 

. Tapóns de cortiza
. Paus para brochetas, de madeira
. Tesoiras
. Pistola de silicona ou cola
. Goma eva, ou bolsas de colores, trociños de tea, cartolinas..
. Palliiñas
. Caldeiro de auga, bañeira, ou fregadeiro.





Como construimos os barquiños?
Para facer estes pequenos barquiños tan só temos que...

Paso 1: Xuntamos dous tapóns de cortiza dos que vaiamos atopando na casa. Cortamos os paus das brochetas para facelos máis cortiños e que o barco non naufraxie, unimos con silicona quente os dous tapóns colocando no medio o trociño de pau perpendicularmente aos corchos. Moi importante suxeitalo ben coa cola!



Paso 2: Recortamos trianguliños de goma eva, tea, ou trociños de bolsas plásticas de cores. Non moi grande, senón o noso barco terá moito peso.



Paso 3: Facemos dous buratiños na “vela” (goma eva) do barco para pasar o “mástil” (pau de madeira).


E xa están listos para xogar!

Se empregamos palliñas podemos facer carreiras de barcos, e xogar a movelos dun lado a outro facendo burbuxas na auga.

Velaquí o meu resultado!


lunes, 1 de junio de 2020

EXPERIMENTOS II

Esta semana ímonos converter en científicos!

Xa sabedes que aos peques lles encantan os experimentos, así que elixide un e a probalo 😊 aproveitando esta calor podedes elexir algún de auga e así de paso vos refrescades ;)

Vos deixo algún vídeo con varios exemplos, pero seguro que se vos ocorren moitísimos máis:



Espero os vosos vídeos ;) 

FRUITS II

Follow the pattern / Sigue el modelo

https://drive.google.com/file/d/1to1rLh7RBjcuTahrHO3RBh8rP_eSwzps/view