Mostrando entradas con la etiqueta audición e linguaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta audición e linguaxe. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2020

CAMPOS SEMÁNTICOS

PROPOSTA DE A.L:

Ola a todas e todos!

Esta última semana, imos xogar co vocabulario e cos campos semánticos!


Adiviñades a que campo semántico pertence cada foto?? Para isto, os pasos a seguir son os seguintes:

1º Observamos cada foto, con moita moita atención. 

2º Nomeamos cada obxecto que observamos en voz alta. Mellorando así o noso vocabulario.

3º Pensamos na relación que existe entre eses obxectos que observamos. Que teñen en común entre elas? Son...?

4º Por último, unha vez adiviñada a relación entre eles, pensamos outros obxectos que poderían pertencer a ese conxunto de cousas, aumentando así o voso vocabulario.



Aí van os conxuntos!








Tamén podedes facer vos novos campos semánticos de cousas que atopedes por casa! E se queredes, compartide con tod@s enviando as fotos ao mail do cole: infantilparaixal@gmail.com

Apertas!

Cami

lunes, 8 de junio de 2020

ADIVIÑAS

PROPOSTA A.L:

Ola!

Hoxe tráiovos unhas adiviñanzas. 

Son 3 diferentes, que poderedes escoitar no seguinte vídeo.

Anotade as respostas, xa que o venres 5 de maio sairán as solucións! 



(Vídeo realizado por: Camino Alfaya)


Apertas!

Cami

martes, 2 de junio de 2020

A SOPRAR BARQUIÑOS

PROPOSTA DA MESTRA DE A.L.: 

Boas!

Con estes días tan soleados, apetece moito xogar coa auga, verdade? Pois esta semana, imos soprar barquiños feitos con cortiza! :)

Como sabedes, exercitar a respiración é moi importante para mellorar a nosa articulación e vocalización, que están desenvolvendo nestas idades. Para facer deste exercicio un momento lúdico e divertido, vos propoño:

Barquiños de cortiza

Os tapóns de cortiza que temos por casa e sempre rematan no lixo, son un material estupendo para reutilizar e facer xogos. Neste caso, imos reutilizalos dándolle unha segunda vida creando barquiños para o xogo das crianzas.

Con esta proposta imos crear uns barquiños para xogar con auga: na bañeira, nun cubo na terraza ou xardín da casa (dependedo das vosas posibilidades), xa que o bo tempo invita a xogar coa auga.


 Materiais que precisamos: 

. Tapóns de cortiza
. Paus para brochetas, de madeira
. Tesoiras
. Pistola de silicona ou cola
. Goma eva, ou bolsas de colores, trociños de tea, cartolinas..
. Palliiñas
. Caldeiro de auga, bañeira, ou fregadeiro.





Como construimos os barquiños?
Para facer estes pequenos barquiños tan só temos que...

Paso 1: Xuntamos dous tapóns de cortiza dos que vaiamos atopando na casa. Cortamos os paus das brochetas para facelos máis cortiños e que o barco non naufraxie, unimos con silicona quente os dous tapóns colocando no medio o trociño de pau perpendicularmente aos corchos. Moi importante suxeitalo ben coa cola!



Paso 2: Recortamos trianguliños de goma eva, tea, ou trociños de bolsas plásticas de cores. Non moi grande, senón o noso barco terá moito peso.



Paso 3: Facemos dous buratiños na “vela” (goma eva) do barco para pasar o “mástil” (pau de madeira).


E xa están listos para xogar!

Se empregamos palliñas podemos facer carreiras de barcos, e xogar a movelos dun lado a outro facendo burbuxas na auga.

Velaquí o meu resultado!


miércoles, 27 de mayo de 2020

TRABALINGUAS

PROPOSTAS A.L:

Boas de novo!

Hoxe, imos exercitar a lingua! Como? Cuns TRABA-TRABALINGUAS!

Os trabalinguas teñen moitas vantaxes: ademais de ser un xogo popular e de fomento da nosa lingua, é moi beneficioso para mellorar a pronunciación e vocalización, a memoria, o vocabulario, ademais de ser un xogo moi divertido que non precisa máis que as nosas verbas.

Aquí vos deixo un vídeo que fixen onde poderedes ler (con axuda das adultas) e escoitar (coas orellas ben abertas) 3 trabalinguas! É importante escoitar varias veces cada trabalingua, para axudar a memorizalo antes de repetilo. 
Para os máis pequenos, incluso pódese partir en dous trabalinguas e repetirse cachiño a cachiño.


(Vídeo creado por: Camino Alfaya)


Trabalinguas olladas na web "Orellapendella": https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/

Coñecedes algún trabalinguas? Queredes compartilo con tod@s? Xa sabes, escríbenos ao mail de infantil o trabalinguas, e nós o compartiremos cos demais compis!

Cami


miércoles, 20 de mayo de 2020

KAHOOT II

PROPOSTA AUDICIÓN E LINGUAXE

Boas!

Esta semana imos probar cun novo xogo online, a ver se vos gusta!

Trátase dun xogo interactivo online, chamado Kahoot, onde as profes creamos as preguntas que poden ser de moitas temáticas e tipos.


Esta semana, creei un para xogar coa discriminación auditiva. Se vos gusta, seguiremos facendo máis :)

É ben fácil de xogar, tan só debes:
- Darlle click no enlace que aparece abaixo.
- Abrirase unha pestaña nova, onde terás que meter o teu nome, e comezar!
- Irán saíndo as preguntas, pouco a pouco. 
- Neste caso, en cada pregunta, aparecerá un mini-vídeo, escoitao, moi atentamente, coas orellas ben abertas, agudiza o teu oído e elixe a resposta a que máis se parece ao que escoitaches.


Enlace aquí abaixo! 

https://kahoot.it/challenge/04577100?challenge-id=71e7053f-9a7a-4280-b87a-0f61a396c4cb_1589881407213


Xa nos diredes se vos gustou, para facer máis ou non ;)


Apertas a distancia!

Cami

miércoles, 13 de mayo de 2020

KAMISIBAI

Proposta de Cami, a mestra de A.L.:

Sabedes o que é un Kamisibai? É unha forma de teatro xaponés, unha maneira de contar contos moi habitual en Xapón. Trátase dun teatriño de madeira (ou outro material) ai que se lle abren dúas portiñas. Tamén ten unha guía onde se colocan as láminas coas imaxes do conto.

Facer un é moi doado soamente necesitades unha caixa de carton rectangular, cúter e pegamento, ollade:


Por último podedes decoralo ao voso gusto. E xa está listo para contar contos. Para iso, tedes varias opcións: imprimir imaxes de internet sobre un conto, debuxar as ilustracións e mesmo inventar o voso propio conto. Que mellor forma de celebrar as Letras Galegas que contando un conto?

Aquí vos deixo o conto da profe Cami:



Esperamos os vosos ;)

jueves, 7 de mayo de 2020

CIRCUITO DE SOPRO

Esta semana a profe Cami (Audición e Linguaxe) nos propón facer na casa un circuito para soprar. Podedes empregar bloques de constución, xoguetes, libros... todo o que se vos ocorra para montalo. Despois só necesitades unha pelota de poliespan ou de ping pong (vale calquera esfera que pese pouco) e unha palliña.

Ollade o que fixo ela ;)


A ver como son os vosos circuitos! Ánimo

miércoles, 29 de abril de 2020

A SEÑORA LINGUA

Proposta de A. L. desta semana:


Boas rapaces e rapazas!

Esta semana tráiovos un vídeo que fixen sobre "A señora lingua"! 

Estades preparad@s? É moi importante exercitar a lingua para mellorar a nosa fala, así que, ADIANTE!


(Vídeo feito por: Camino Alfaya)

Outro aspecto moi importante para estimular a linguaxe, é manter unha boa respiración,e para iso, debemos exercitala. Propóñovos tamén para esta semana pintura con soplo!

Como podemos pintar soplando? 
- Necesitamos: papel ou cartón (canto máis grande, menos mesa mancharemos ;)), pinturas á auga (tipo acuarelas), pompeiros ou palliñas. 



- Proceso: preparación dunha zona de traballo e do soporte (papel ou cartón), mezclaremos auga coas acuarelas que máis nos gusten, mollaremos o pompeiro ou a punta la palliña na pintura, e, a soprar dirección ao folio! Seguro que van sair creacións moi chulas!

Apertas!

Cami

jueves, 16 de abril de 2020

COAS MANS NA MASA

Cami, a mestra de A.L., proponnos facer a seguinte receita: magdalenas caseiras!

Con esta actividade, ademais de degustar e disfrutar da cociña, traballamos a prelectura, a estimulación sensorial, a percepción, a concentración e a lóxica-matemática medindo e calculando os ingredientes.
  
Podedes observar na seguinte fotografía os pasos a seguir.



Agradecemos que enviades fotografías e incluso vídeos do proceso.