PROPOSTA DE A.L:
Ola a todas e todos!
Esta última semana, imos xogar co vocabulario e cos campos semánticos!
Adiviñades a que campo semántico pertence cada foto?? Para isto, os pasos a seguir son os seguintes:
1º Observamos cada foto, con moita moita atención.
2º Nomeamos cada obxecto que observamos en voz alta. Mellorando así o noso vocabulario.
3º Pensamos na relación que existe entre eses obxectos que observamos. Que teñen en común entre elas? Son...?
4º Por último, unha vez adiviñada a relación entre eles, pensamos outros obxectos que poderían pertencer a ese conxunto de cousas, aumentando así o voso vocabulario.
Aí van os conxuntos!
Tamén podedes facer vos novos campos semánticos de cousas que atopedes por casa! E se queredes, compartide con tod@s enviando as fotos ao mail do cole: infantilparaixal@gmail.com
Apertas!
Cami
No hay comentarios:
Publicar un comentario