martes, 31 de enero de 2012
30 XANEIRO: DÍA DA PAZ
Hoxe celebramos o Día da Paz no Cole. Ademais das actividades que podedes ver nas fotos da web do Centro, aquí tedes dous vídeos cos traballos, exposicións de libros da Biblioteca, lectura de poemas, debuxos, murais... que fixeron os nenos e nenas do Cole e que seguro vos axudarán a reflexionar sobre a importancia do tema.
domingo, 18 de diciembre de 2011
SESIÓN DE CONTACONTOS - 6º PRIMARIA
Os nenos e nenas de 6º levaban uns días preparando a sesión de contacontos para Infantil e 1º ciclo:
- Primeiro, fomos á Biblio escoller o conto: "UNHA CASA Á MEDIDA"
- Despois preparamos os diálogos
- Pasamos ao ordenador as imaxes do conto e lle engadimos música
- Memorizamos a historia e ensaiamos
- Chegou o día! Contamos o conto aos nenos! Tamén quixeron escoitarnos os compañeiros/as de 5º!! PASÁMOLO MOI BEN!
viernes, 16 de diciembre de 2011
CORREO ESCOLAR
Este curso seguimos intercambiando correo escolar co CEIP Carballal. Hoxe chegáronnos os seus agasallos, dos que tedes a continuación unha mostra:
Nós enviámoslle tamén os nosos detalles de Nadal:
miércoles, 14 de diciembre de 2011
NÓS LEMOS II
Unha vez rematada a primeira parte da actividade, estas dúas últimas semanas estivemos coa segunda. Lemos os textos escritos nos murais e adiviñamos os títulos dos libros aos que correspondían. Quen soubo máis?
domingo, 4 de diciembre de 2011
sábado, 3 de diciembre de 2011
NÓS LEMOS
miércoles, 30 de noviembre de 2011
20N-DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
UN DÍA PARA MOVER O MUNDO - CONTRA A FAME INFANTIL
O venres 25 celebramos no cole a actividade de Unicef "Un día para mover o mundo" con motivo da conmemoración o pasado 20 de novembro do día mundial da infancia.
Primeiro traballouse nas aulas unha lectura sobre a que conversamos e despois, por grupos, fixéronse propostas de accións que os nenos estarían dispostos a levar a cabo co fin de erradicar a fame no mundo. Escribiron cada mensaxe nunha cartolina que representaba a bola do mundo e pegárona nun pao de madeira co que logo fixemos unha exposición. Ademais, no patio do cole xuntámonos todos e lemos os lemas elaborados á vez que baixo dun paracaídas moviamos a esfera do mundo.
Aquí tedes unhas fotos para que lle botedes un vistazo!!!
Se preferides tamén podedes cantar a canción que traballaron os nenos e nenas de infantil!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)