martes, 26 de mayo de 2015

Carapuchiña en verso

Na clase de lingua de segundo curso escribiron o conto de Carapuchiña Vermella en verso.

Había unha vez unha nena,
que era pequena.
Levaba unha carapuchiña
para ir quentiña.

A súa nai díxolle que fora,
a casa da súa avoa,
pois ela estaba maliña
e tiña que quedar na camiña.

Mandoulle non falar co lobo,
poi era malo e bobo.
-Marcha co cesto polo camiño
e non fales co lobiño.

Ía recollendo flores
de moitas cores.
Encontrou ao lobo
que comía un ovo.

-Onde vas Carapuchiña?
- A casa da miña avoiña.
Boraron unha carreira
a ver se chega primeira.-

Chegou o lobo de primeiro
e tragouna dun bocado enteiro.
Vestiuse de avoiña
e chegou Carapuchiña.

Petou na porta
que estaba torta.
- Entra Carapuchiña
que son a túa avoiña!

-Que ollos máis grandes tes!
Coma os meus pés!
-Son para verte mellor
para sorte maior!

- Que mans máis grandes tes!
Coma os meus pes!
- Son para tocarte mellor
para sorte maior!

-Que orellas máis grandes tes!
Coma os meus pes!
-Son para oirte mellor
para sorte maior!

-Que boca máis grande tes!
Coma os meus pés!
-É para comerte mellor!
PARA SORTE MAIOR!

Carapuchiña comezou a berrar,
o lobo a quere matar!
Chegou un cazador
chamado Amador.

Sacou un fusil
e deixouno coma un funil.
Saiu a avoiña
e quedaron contentiñas.

E colorín, colorado,
este conto está rematado.


jueves, 14 de mayo de 2015

Dia das Letras Galegas

Este ano, como saberedes, o día das Letras Galegas está adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde.
En segundo curso fixemos uns libros pequeniños sobre o autor aínda que, nalgunhas páxinas faltaba información. A actividade consistiu en buscar os datos que faltaban nuns carteis informativos que enviou Educación aos centros. Todos levaron un premio por participar.








jueves, 30 de abril de 2015

LETRAS GALEGAS

O próximo día 17 celebramos  as Letras Galegas, que este ano adicase a 
      Xosé Fernando Filgueira Valverde.

 Para coñecer máis sobre a súa vida e obra podedes clicar nos seguintes enlaces.                                                                                              
                   



viernes, 24 de abril de 2015

Dia do libro

Onte celebrámos o día do libro dun xeito moi especial.
Fixemos unha búsqueda do tesouro para atopar pistas que nos levarían a encontrar uns libros na nosa biblioteca.Cada ciclo tivo tres libros diferentes excepto infantil que tivo dous.
Pasámolo moi ben e ademáis houbo premios para todos: un libro para cada neno!
Ademáis tamén levamos un minilibro que se fixera na clase os días previos a esta actividade. Houbo de varios tipos: chistes, adiviñas, animais...

 

jueves, 29 de enero de 2015

Brinca Vai!

Xa temos na nosa biblioteca o disco Brinca Vai de Paco Nogueiras.
Deixámosvos eiqui dous dos seus videos para que vos pique a curiosidade e veñades por el.
A ver se vos gustan!



Tamén vos achegamos a páxina web

http://www.brincavai.com/

miércoles, 25 de junio de 2014

Despedimos o curso!!!!

Os nosos voluntarios de Biblioteca despediron o curso cunha merendola. Aquí tedes unhas fotos:


sábado, 14 de junio de 2014

Voluntariado de lectura

Esta semana recibimos unhas camisetas como agasallo polo traballo que realizan os voluntarios de Biblioteca: os nenos e nenas do 3º Ciclo de Educación Primaria colaboran no préstamo e colocación de libros, recomendación dos mesmos, en exposicións sobre as diferentes conmemoracións, como contacontos... e por eso, aínda que non fomos seleccionados para participar no programa "Plan de Voluntariado de Lectura" recibimos unha pequena compensación
NORABOA POLO VOSO TRABALLO RAPACES!!!!