Seguro que xa sabedes que este ano eleximos o tema das Mulleres como fío xeral do centro. Por iso entre outras actividades buscamos favorecer a igualdade a través do conto. E grazas a axuda do CFR de Vigo temos durante un mes unha mochila chea de libros con esta temática. Ollade:
Dende o centro tamén mandamos xa as nosas mochilas viaxeiras a casa de 7 afortunadas/os. Deixámosvos o contido de cada unha das mochilas:
martes, 30 de octubre de 2018
viernes, 26 de octubre de 2018
I XORNADAS AMBIENTAIS E DE CONSUMO
Hoxe 26 de outubro celebramos as I Xornadas ambientais e de consumo. Pola mañá tivemos 2 obradoiros para o alumnado no que aprenderon a observar con outros ollos o lixo que tiramos, pois pode convertirse nun xoguete. Como demostrou Sandra cos seus barquiños feitos con noces, teas, e masa de fariña e auga. Gustaronnos un montón e puidemos levar un para casa.

Pero non só aprenden as nenas e nenos do cole, pola tarde Familias e profes fixemos unhas xornadas de consumo responsable, as primeiras de moitas.
Os máis maiores tivemos que debatir as cousas que necesitamos para vivir e recollimos todo por escrito.
Pero non só aprenden as nenas e nenos do cole, pola tarde Familias e profes fixemos unhas xornadas de consumo responsable, as primeiras de moitas.
miércoles, 24 de octubre de 2018
DIA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe 24 de outubro celebramos o día internacional das Bibliotecas e para festexalo fixemos unha actividade que nos encanta: APADRIÑAMENTOS LECTORES, onde o alumnado máis maior contou un conto ao de menor idade. Gozaron moito e xa nos piden repetir pronto. E que hai mellor forma de motivalos a ler??
jueves, 20 de septiembre de 2018
DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO 2018
O 15 de setembro celebrouse o día Internacional do Punto, pois foi a data na que se publicou o libro "El Punto" de Peter H. Reynolds. Este conto trata de fomentar a creatividade das persoas a partir do lema: ONDE HAI UN PUNTO HAI UN CAMIÑO. Narra a historia de Vashti, unha nena que cre que non é unha artista, pero a partir do debuxo dun punto descubre ata donde pode chegar a súa creatividade.

O alumnado de infantil limos este conto e fixemos a nosa propia obra de arte e un mural cooperativo sobre el. Mirade que artistas estamos feitos:
O alumnado de infantil limos este conto e fixemos a nosa propia obra de arte e un mural cooperativo sobre el. Mirade que artistas estamos feitos:
martes, 19 de junio de 2018
GRAZAS AXUDANTES
Hoxe fixemos unha merendola co alumnado que durante o curso axudaron a organizar e colocar os libros, mesas e estanterías da nosa biblioteca.
Moitas grazas a todos e todas pero especialmente a Saúl, Nahiara e Jessi pola súa constancia.
Moitas grazas a todos e todas pero especialmente a Saúl, Nahiara e Jessi pola súa constancia.
miércoles, 6 de junio de 2018
CONTACONTOS APAMP
Hoxe tivemos a sorte de escoitar o conto: Elisa no mundo das marabillas, creado e ilustrado por persoas con paralise cerebral da residencia APAMP en Vigo. Pero non só contaron a historia tamén nos ensinaron unha canción que nos fixo bailar a todos e todas.
Moita grazas por vir de visita e agasallarnos co voso conto, quedará na Biblioteca para que o alumnado o disfrute.
Se queredes saber máis sobre este proxecto poderes visitar a súa web: http://www.apamp.org/PROYECTO_ELISA.HTML

martes, 15 de mayo de 2018
Festival Internacional de Títeres
Esta semana celébrase en Redondela o Festival Internacional de Títeres. Consulta as actividades no seguinte link: http://festivaltiteresredondela.es/programa/ Aproveitade o día das letras galegas para ir.
![]() |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)