jueves, 7 de mayo de 2020

KAHOOT

Sabedes o que é? Trátase dun xogo de preguntas que nos permite repasar os nosos coñecementos sobre algún tema ou sobre conceptos xerais.

Hoxe traio un de conceptos básicos para que probedes a ver se vos gusta ;) Deixo tamén debaixo outro kahoot que fixemos na aula sobre os Piratas e o que aprendimos deles no segundo trimestre, serán quen de recordar todas as respostas?? Clica nas imaxes para acceder, ingresar o nome do neno/a e a xogar!

Xa me contaredes que tal ;)




CIRCUITO DE SOPRO

Esta semana a profe Cami (Audición e Linguaxe) nos propón facer na casa un circuito para soprar. Podedes empregar bloques de constución, xoguetes, libros... todo o que se vos ocorra para montalo. Despois só necesitades unha pelota de poliespan ou de ping pong (vale calquera esfera que pese pouco) e unha palliña.

Ollade o que fixo ela ;)


A ver como son os vosos circuitos! Ánimo

miércoles, 6 de mayo de 2020

A MOVER O CORPO

Deixovos un Genial.ly (Autor: jeroca78) con moitos xogos para mover o esqueleto nestes días. Só tedes que ir seguindo as flechas e clicar enriba de cada proposta para ver como se xoga.

Espero que vos guste ;)



martes, 5 de mayo de 2020

Let´s Move! / Imos Movernos!

Let´s Dance and Freeze! / Imos bailar e quedar quietos!

Review Actions! / Repasamos accións!

 

OS MAIOS

Proposta da ANPA moi interesante, animádevos:

Como sabedes esta semana é a semana de celebración dos Maios. Os Maios son unha festa tradicional galega onde celebramos o inicio da primavera.
 Debido ao confinamento este ano todas as celebracións físicas foron canceladas mais propómosvos unha celebración virtual a toda aquela familia que queira participar. 

A idea é a seguinte: Con materiais diversos que podamos ter a man e con axuda das nosas crianzas facemos un Maio na casa, sacámoslle unha foto e enviamos por email ao correo da Anpa: anpaparaixal@gmail.com ou ao noso facebook. 
Tamén podedes gravar un vídeo recitando coplas sobre os maios, as coplas poden ser redactadas por vos ou tradicionais.
Agardamos que vos animedes.

Adxuntamos unha foto da primeira familia que se animou a facer un Maio na súa cociña.
 


PINTURA RUPESTRE

Hoxe vos propoño crear un cadro empregando cores naturais,buscando as cores nos elementos que temos pola casa. Así o pementón doce pode ser vermello, o colacao marrón, o azafrán laranxa... so temos que mesturalos cun pouquiño de auga. Se vos ocorren máis cores e elementos??

Espero as vosas creacións. Mentres vos deixo algunhas que fixemos o ano pasado cando estudamos a prehistoria:



lunes, 4 de mayo de 2020

ANDREA E O SEU CONTO

Aquí temos outro conto enviado polas familias de 1° para os nenos e nenas de infantil. Que maiores están xa e que ben len ;)

Esta vez foi Andrea a nosa contacontos e elexiu o conto da Ratiña presumida. Ollade que ben o fai:


Moitísimas grazas a Andrea e a súa familia pola participación. Un biquiño moi forte 💋💋