Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2020

OS VOSOS CADROS

Xa temos aquí o resultado da proposta desta semana! Queredes ver como quedaron as recreacións dos cadros? Estes nen@s están feitos uns artistas ;)














jueves, 28 de mayo de 2020

KANDINSKY

Outro pintor moi famoso e que aos peques lles resulta fácil de representar é Kandinsky. As súas composicións permiten traballar as diferentes liñas e formas xeométricas. Queredes coñecer un pouquiño máis? Aquí tedes un conto sobre el:



Kandinsky from rbk_

Agora que xa coñecedes algunha das súas obras collede unha regra, rotuladores, tapóns de diferentes tamaños (para facer os círculos) e inventade a vosa propia obra baseada neste pintor ;) E de paso repasamos as diferentes formas xeométricas, os tamaños e as cores.

Ollade máis composicións súas para inspirarvos. Espero os vosos debuxos ;)


martes, 26 de mayo de 2020

MIRÓ

Esta semana estamos coa arte así que vos propoño coñecer un pouco máis ao pintor Joan Miró a través deste vídeo:


Canto lle gustaban as cores a este artista! Vos animades a debuxar algunha das súas obras?? Aquí podedes velas e intentar reproducir a que máis vos guste! Seguro que sodes tamén uns artistazos.

Espero os vosos debuxos ;)




lunes, 25 de mayo de 2020

REPLICAMOS UN CADRO

A proposta desta semana para a videoconferencia é: recrear un cadro famoso!

Podedes participar toda a familia ;) Tedes que buscar un cadro que vos guste e facer a vosa versión, sacarlle unha foto e mandala ao email de infantil. O día da videochamada a compartiremos cos demais e explicaremos de que cadro se trata e como o fixemos.

A profe Cami e máis eu fixemos as nosas versións, queredes velas???




Animádevos, podedes facer máis de unha e pasar un divertido momento en familia ;)