jueves, 28 de mayo de 2020

KANDINSKY

Outro pintor moi famoso e que aos peques lles resulta fácil de representar é Kandinsky. As súas composicións permiten traballar as diferentes liñas e formas xeométricas. Queredes coñecer un pouquiño máis? Aquí tedes un conto sobre el:



Kandinsky from rbk_

Agora que xa coñecedes algunha das súas obras collede unha regra, rotuladores, tapóns de diferentes tamaños (para facer os círculos) e inventade a vosa propia obra baseada neste pintor ;) E de paso repasamos as diferentes formas xeométricas, os tamaños e as cores.

Ollade máis composicións súas para inspirarvos. Espero os vosos debuxos ;)


No hay comentarios:

Publicar un comentario