- TRABALLAMOS A ATENCIÓN: para este xogo precisamos rolos pintados ou forrados con cores diferentes, folios e rotuladores. O xogo consiste en seguir o modelo e ordenar os rolos na mesma orde que aparecen pintadas no folio.
fuente: @maronadecolors |
- CONSTRUCIÓNS: coas mesmas pezas de cores do xogo anterior, facéndolles uns cortes, podemos crear un xogo de construción:
fonte: pinterest |
- XOGAMOS COS NÚMEROS: neste xogo temos que meter o tapón co número dentro do rolo que ten eses mesmo número puntiños. Para facelo só necesitamos gomets, pegatinas ou rotuladores para debuxar ou pegar os puntiños e escribir o nome enriba dos tapóns. Soamente tes que apretar unha botella baleira e co aire meter gol na portería correcta.
Podes ver o video neste link: https://www.facebook.com/watch/?v=3075414299183364
- IMOS Á PERRUQUERÍA: seguro que os maiores recordades os pelóns dos xogos viaxeiros. Pois podemos facer uns caseiros empregando rolos de papel hixiénico, aquí tedes o video:
Tamén podedes crear un perruquería das de toda a vida e practicar o recortado ;)
- MANUALIDADES: E por suposto podemos facer manualidades con este material, como o pingüín e a abella que fixeron Xabi e Xián C. Están feitos uns artistas!!!
Xa sabedes, a partir de agora a gardar todos os rolos de papel ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario