viernes, 8 de mayo de 2020

CONTAMOS SÍLABAS

Cada día, na aula, o encargado dicía a súa palabra favorita e intentaba escribila para que a analizaramos entre tod@s. Usando este panel:


Entre as cousas que analizábamos estaba o número de sílabas: dando unha palmada por cada sílaba da palabra. Os primeiros días comezamos facendo este exercicio de palmear cos seus nomes, podedes probar na casa a facelo cos nomes de toda a familia ;) e continuar con xoguetes ou palabras que vos digan eles. 

Deixovos tamén un xogo impreso de contar sílabas (da web http://laclassedelaurene.blogspot.com/), que consiste en dicir oralmente a palabra do debuxo e tachar tantos círculos como sílabas (palmadas) ten. Xa sabedes, como sempre, que podedes facer a vosa propia versión con recortes de revistas ou debuxos e mesmo animar aos peques a escribir o número total de sílabas.

Para descargalo facede clic na imaxe:


Actualizo. Atopei outro xogo de contar sílabas no blog: https://gumroad.com/logopedialetraaletra


Espero que vos guste. Todos a dar palmadas!! ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario