martes, 14 de abril de 2020

DÍA DO BICO

Onte, 13 de abril, foi o día internacional do bico.


Para celebrarlo, déixovos un conto sobre biquiños e Cores. Mamá, de que color son los besos?



Así, que xa sabedes, a dar moitos bicos 💋💋💋

Tamén podedes aproveitar para preguntarlles e falar cos peques sobre a que persoas botan de menos e queren mandarlles biquiños. E podedes elaborar uns botes para meter alí debuxos, mensaxes e biquiños para esas persoas. Cando pase todo lles fará moita ilusión recibir o seu bote.

Colors and Numbers



https://arbolabc.com/colores-en-ingles/contando-colores

viernes, 3 de abril de 2020

EASTER!!! PASCUA!!!

Sing! Canta!

Make an Easter Egg / Fai un Ovo de Pascua:


Decorate your Own Egg / Decora o teu Propio Ovo:

http://www.akidsheart.com/holidays/easter/ojs9/easterdeco.html

XOGA DA OCA

O noso corpo necesita moverse aínda que estemos na casa, e que mellor maneira de poñernos en forma en familia que xogando!  O mestre de educación Física Claudio Jiménez publicou na súa web https://claudiojiga.wixsite.com/edufis un xogo da oca para facer Educación física en familia ;)

A ver quen consigue chegar á meta!!





En caso de non ter impresora podedes crear vos mesmos un xogo nun papel, seguro que vos queda chulísimo!! E tamén podedes variar os exercicios a realizar. Disfrutade en familia!!!

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Hoxe, 2 de abril, celébrase o día internacional DO libro infantil e Xuvenil, coincidiendo co día en que naceu o escritor Hans Christian Andersen. 


Con este motivo, aproveito para deixarvos unha serie de webs con diversos contos infantís, que amplíen a cosa biblioteca estes días:

O blog https://bibliojxxiii.blogspot.com/ ofrece multitude de contos e libros para leer estés días. 


blog https://aprendiendojuntoselblog.blogspot.com fai un recopilatorio de libros contados. Para acceder a eles so tedes que clicar na imaxe, e unha vez na web seleccionar o conto que queredes ver. 


Tamén, a escritora, Olga de Dios, publicou varios dos seus contos para descargar desde a casa, a web ayudaparamaestros.com os recolle: 


Estas son soamente alguna algunhas ideas, nas redes sociais e YouTube tedes cada día milleiros de contacontos para disfrutar en familia. 








FORMAS XEOMÉTRICAS

O mundo que nos rodea está composto por moitas formas diferentes. Un dos obxectivos da etapa e que o alumnado sexa capaz de recoñecer as diferentes formas, atopalas nas cousas do seu arredor e representalas.

Para iso na aula empregamos estes contos das formas xeométricas básicas (fonte: https://www.imageneseducativas.com/cuentos-de-las-figuras-geometricas/):

Podedes lerlles o conto, buscar cousas pola casa que teñan esa forma, debuxalas, modelar a forma con plastilina, facer estampacións con pintura de esas formas (por exemplo, mollando en pintura os rollos de papel hixiénico conseguimos círculos perfectos)... e todas as actividades que se vos ocorran. Espero as vosas fotos ;)


Facer clic na imaxe para ler o conto.





miércoles, 1 de abril de 2020

O NOSO NOME

Na aula procuramos traballar a lectoescritura de forma constuctiva e a partir de situacións e textos da vida cotiá. En 3 anos partimos do seu interese máis proximo: o seu nome, imos ver algunhas actividades para favorecer o seu aprendizaxe: 

(O alumnado de 4-5 anos pode usar estas actividades para escribir palabras sobre algunha temática, ou os nomes dos compañeiros/as da aula, os seus apelidos...)

1- Ordenar/enroscar tapóns: podemos empregar tapas de botellas para crear un xogo co seu nome, así como os nomes dos membros da familia. O xogo consistirá en darlle os tapóns desordenados e que teñan que ordenalos. Ao principio necesitan que lle escribades nunha tarxeta o nome para ver como ordenar al letras. 


2- Con depresores ou pinzas: 




3- Decorándoo: podemos escribir o nome en relieve e pedirlles que o decoren con diferentes texturas, cores, materiais...



4- Con sal ou fariña: comezar a escribir o seu trazo nunha bandexa con sal/azucre ou fariña. 



5- Sobre papel ou modelado: facer tarxetas co seu nome para que o intenten copiar debaixo, recortar letras e que as peguen, modelar cada letra con plastilina... 



Aproveitade todas estas actividades para falar con eles sobre as letras que o compoñen, cantas son, que vogais, como soan... Comparar os nomes da familia: cal é máis longo, máis curto, que letras teñen en común... 

Seguro que se vos ocorren moitas outras actividades! Espero as fotos das actividades que vaian facendo no email: infantilparaixal@gmail.com