O mundo que nos rodea está composto por moitas formas diferentes. Un dos obxectivos da etapa e que o alumnado sexa capaz de recoñecer as diferentes formas, atopalas nas cousas do seu arredor e representalas.
Para iso na aula empregamos estes contos das formas xeométricas básicas (fonte: https://www.imageneseducativas.com/cuentos-de-las-figuras-geometricas/):
Podedes lerlles o conto, buscar cousas pola casa que teñan esa forma, debuxalas, modelar a forma con plastilina, facer estampacións con pintura de esas formas (por exemplo, mollando en pintura os rollos de papel hixiénico conseguimos círculos perfectos)... e todas as actividades que se vos ocorran. Espero as vosas fotos ;)
Facer clic na imaxe para ler o conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario