O xogo ten varias partes:
1. Encher botes de actimel, ovos de plastico (tipo Kinder), ou outros recipientes opacos con diversos elementos: garavanzos, lentellas, arroz, clips, boliñas, pedriñas, auga,... todo o que se vos ocorra. Con cada elemento ensinar o que leva, pechalo e facelo sonar.
2. Facer sonar algún bote ou ovo ao azar e tratar de adiviñar que leva dentro
3. Asociar cada bote/ovo a unha tarxeta coa foto, debuxo, palabra do elemento do que está recheo. E posteriormente comprobar se acertamos todos ;) Difícil?? Xa me contaredes
4. Facer parellas, encher co mesmo elemento 2 botes en lugar de un e intentar buscar as parellas polo son que fan.
Tamén podedes traballar a discriminación de sons cos numerosos vídeos que aparecen en youtube "Adivina los sonidos", soamente tedes que tapar os ollos, escoitar os sons e adiviñar de que obxecto, animal, parte do corpo, se trata. Agudiza o teu oído!
No hay comentarios:
Publicar un comentario