Na etapa de educación infantil é unha das capacidades que máis se traballan. Por iso deixo algunhas actividades que podedes facer con eles estes dias.
Veo Veo: este xogo ao que tod@s xogamos algunha vez, axuda a diferenciar palabras co mesmo son (fonema). Podedes facelo de forma oral con cousas de casa ou tamén vos deixo estas tarxetas sacadas do blog https://www.twinkl.es/search?term=veo+veo Se facedes clic na imaxe podedes descargar máis.
Podedes xogar en familia e por turnos dicir palabras coa letra que representa cada tarxeta ou mesmo algún día, xogar a escribir esas palabras.
Palabras ocultas: este xogo trata de escribir a letra coa que comeza cada debuxo e descubrir cal é a palabra oculta. O alumnado de 5 anos xa o coñece pois o temos na clase. Deixo dúa versións: unha interactiva para xogar no ordenador e outra para imprimir en papel. Recordade que sempre tedes a posibilidade de creala vos coa axuda dos peques, so necesitades imaxes de revistas e pegamento e podedes crear as vosas propias palabras ocultas ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario