(O alumnado de 4-5 anos pode usar estas actividades para escribir palabras sobre algunha temática, ou os nomes dos compañeiros/as da aula, os seus apelidos...)
1- Ordenar/enroscar tapóns: podemos empregar tapas de botellas para crear un xogo co seu nome, así como os nomes dos membros da familia. O xogo consistirá en darlle os tapóns desordenados e que teñan que ordenalos. Ao principio necesitan que lle escribades nunha tarxeta o nome para ver como ordenar al letras.
3- Decorándoo: podemos escribir o nome en relieve e pedirlles que o decoren con diferentes texturas, cores, materiais...
4- Con sal ou fariña: comezar a escribir o seu trazo nunha bandexa con sal/azucre ou fariña.
5- Sobre papel ou modelado: facer tarxetas co seu nome para que o intenten copiar debaixo, recortar letras e que as peguen, modelar cada letra con plastilina...
Aproveitade todas estas actividades para falar con eles sobre as letras que o compoñen, cantas son, que vogais, como soan... Comparar os nomes da familia: cal é máis longo, máis curto, que letras teñen en común...
Seguro que se vos ocorren moitas outras actividades! Espero as fotos das actividades que vaian facendo no email: infantilparaixal@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario