Así traballaremos o son das letras a súa escritura e mesmo a conciencia fonolóxica. Vexamos como:
1- O primeiro paso será elaborar as tarxetas de Bingo. Para iso dividiremos un folio en 4 partes e debuxaremos con axuda dunha regra lineas horizontais e verticais con, como mínimo, 6 ocos (depende a idade). Despois só temos que pedirlle aos cativ@s que escriban varias letras diferentes en cada "cartón de bingo", nos máis pequenos (3 anos) debemos xogar coas letras do seu nome que son as que coñecen.
3- Xa temos listos os nosos cartóns e as letras para comezar! Agora podemos xogar de varias formas:
- Nivel 1: un membro da familia vai sacando letras dicindo o son (mellor como soa que como lle chamamos nos) que fai cada letra e cada participante vai tachando no seu cartón se a ten
- Nivel 2: buscar pola casa obxectos que comecen por cada letra do abecedario (se non atopamos algunha con non escribila no cartón solucionado) e metelas no saquiño ou bote e facer o mesmo proceso que no Nivel 1, pero esta vez entre todos dicir por que letra comeza o obxecto antes de proceder a tachar.
Espero que vos guste e o pasades ben na súa elaboración ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario