lunes, 20 de abril de 2020

CREAMOS HISTORIAS

Cami, a mestra de Audición e Linguaxe, deixa a seguinte proposta de actividade:

Lembrades cando nas sesións de estimulación da linguaxe inventamos historias cos dados ou cos tapóns? Pois na casa tamén podémolo facer, cos obxectos e xoguetes que teñamos, só fai falla deixar libre a nosa imaxinación. 

Por exemplo, collemos: os nosos xoguetes favoritos, unha froita, un utensilio de cociña, algún obxecto do noso salón, ou calquer obxecto da casa que vos guste, e veña a crear unha historia! 
"Había unha vez..."

Outra opción, é que vos mesm@s creades os vosos propios tapóns conta historias. Para isto, necesitades agrupar cantos máis tapóns de botellas de auga ou leite poidades, debuxades diferentes obxectos, animais, persoas, personaxes de contos, lugares ou sitios maravillosos, recortades eses debuxos e os pegades nos tapóns. E xa teredes os vosos propios tapóns conta historias! 

Adxuntamos fotografías dos tapóns que fixemos para as sesións de estimulación da linguaxe.

Un saúdo a tod@s!




No hay comentarios:

Publicar un comentario