Mostrando entradas con la etiqueta linguaxe oral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta linguaxe oral. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2020

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA

Hoxe vos propoño un xogo moi divertido, apto para todas as idades e que traballa a discriminación auditiva, tan importante para a fala.

O xogo ten varias partes:

1. Encher botes de actimel, ovos de plastico (tipo Kinder), ou outros recipientes opacos con diversos elementos: garavanzos, lentellas, arroz, clips, boliñas, pedriñas, auga,... todo o que se vos ocorra. Con cada elemento ensinar o que leva, pechalo e facelo sonar.

2. Facer sonar algún bote ou ovo ao azar e tratar de adiviñar que leva dentro

3. Asociar cada bote/ovo a unha tarxeta coa foto, debuxo, palabra do elemento do que está recheo. E posteriormente comprobar se acertamos todos ;) Difícil?? Xa me contaredes

4. Facer parellas, encher co mesmo elemento 2 botes en lugar de un e intentar buscar as parellas polo son que fan.




Tamén podedes traballar a discriminación de sons cos numerosos vídeos que aparecen en youtube "Adivina los sonidos", soamente tedes que tapar os ollos, escoitar os sons e adiviñar de que obxecto, animal, parte do corpo, se trata. Agudiza o teu oído!




lunes, 20 de abril de 2020

CREAMOS HISTORIAS

Cami, a mestra de Audición e Linguaxe, deixa a seguinte proposta de actividade:

Lembrades cando nas sesións de estimulación da linguaxe inventamos historias cos dados ou cos tapóns? Pois na casa tamén podémolo facer, cos obxectos e xoguetes que teñamos, só fai falla deixar libre a nosa imaxinación. 

Por exemplo, collemos: os nosos xoguetes favoritos, unha froita, un utensilio de cociña, algún obxecto do noso salón, ou calquer obxecto da casa que vos guste, e veña a crear unha historia! 
"Había unha vez..."

Outra opción, é que vos mesm@s creades os vosos propios tapóns conta historias. Para isto, necesitades agrupar cantos máis tapóns de botellas de auga ou leite poidades, debuxades diferentes obxectos, animais, persoas, personaxes de contos, lugares ou sitios maravillosos, recortades eses debuxos e os pegades nos tapóns. E xa teredes os vosos propios tapóns conta historias! 

Adxuntamos fotografías dos tapóns que fixemos para as sesións de estimulación da linguaxe.

Un saúdo a tod@s!