viernes, 19 de junio de 2020

DEBERES PARA O VERÁN

O curso chega ao seu fin! Un curso atípico e estrano. ..
Propóñovos unha serie de actividades que atopei na Rede, para facer durante verán, xa nos contaredes cantas sodes quen de completar 😊

Aproveito a última entrada para agradecer ás familias a súa colaboración e dedicación nesta situación!

Bo Verán 😚😚

jueves, 18 de junio de 2020

CONTACONTOS A. L.

A profe Cami despídese de nós da mellor forma posible: contando un conto. Seguro que o recordados, titúlase A que sabe a lúa! !



Moitas grazas por todas as túas actividades!!! 

miércoles, 17 de junio de 2020

PROPOSTAS VERANIEGAS

Comparto unha serie de actividades que a profe Mar Quirell publica no seu blog :  https://marquirell.blogspot.com con actividades divertidas para este verán ☺


martes, 16 de junio de 2020

lunes, 15 de junio de 2020

CAMPOS SEMÁNTICOS

PROPOSTA DE A.L:

Ola a todas e todos!

Esta última semana, imos xogar co vocabulario e cos campos semánticos!


Adiviñades a que campo semántico pertence cada foto?? Para isto, os pasos a seguir son os seguintes:

1º Observamos cada foto, con moita moita atención. 

2º Nomeamos cada obxecto que observamos en voz alta. Mellorando así o noso vocabulario.

3º Pensamos na relación que existe entre eses obxectos que observamos. Que teñen en común entre elas? Son...?

4º Por último, unha vez adiviñada a relación entre eles, pensamos outros obxectos que poderían pertencer a ese conxunto de cousas, aumentando así o voso vocabulario.



Aí van os conxuntos!








Tamén podedes facer vos novos campos semánticos de cousas que atopedes por casa! E se queredes, compartide con tod@s enviando as fotos ao mail do cole: infantilparaixal@gmail.com

Apertas!

Cami

viernes, 12 de junio de 2020

OS VOSOS XOGUETES

Esta semana estivestes creando xogos e xoguetes con material de refugallo. Aquí algunhas das vosas súper creacións: coche robot, furgoneta, cohete, tres en raia, acuario e ata un coche eléctrico! Noraboa polo traballo, quedaron xenial:




Moitas grazas pola cosa participación 😊

jueves, 11 de junio de 2020

XOGOS CON CARTÓN

Déixovos una vídeos con algunas ideas de xogos que se poden facer con material de refugallo. Facede clic nas imaxes:








Espero que as vosas propostas ;)