viernes, 29 de mayo de 2020
OS VOSOS CADROS
Xa temos aquí o resultado da proposta desta semana! Queredes ver como quedaron as recreacións dos cadros? Estes nen@s están feitos uns artistas ;)
HABILIDADES LINGÜÍSTICAS
No blog https://siembraestrellas.blogspot.com podemos atopar este genially con moitísimas actividades para traballar as habilidades comunicativas e lingüísticas dos peques.
Espero que vos gusten
jueves, 28 de mayo de 2020
KANDINSKY
Outro pintor moi famoso e que aos peques lles resulta fácil de representar é Kandinsky. As súas composicións permiten traballar as diferentes liñas e formas xeométricas. Queredes coñecer un pouquiño máis? Aquí tedes un conto sobre el:
Kandinsky from rbk_
Agora que xa coñecedes algunha das súas obras collede unha regra, rotuladores, tapóns de diferentes tamaños (para facer os círculos) e inventade a vosa propia obra baseada neste pintor ;) E de paso repasamos as diferentes formas xeométricas, os tamaños e as cores.
Ollade máis composicións súas para inspirarvos. Espero os vosos debuxos ;)

miércoles, 27 de mayo de 2020
TRABALINGUAS
PROPOSTAS A.L:
Boas de novo!
Hoxe, imos exercitar a lingua! Como? Cuns TRABA-TRABALINGUAS!
Os trabalinguas teñen moitas vantaxes: ademais de ser un xogo popular e de fomento da nosa lingua, é moi beneficioso para mellorar a pronunciación e vocalización, a memoria, o vocabulario, ademais de ser un xogo moi divertido que non precisa máis que as nosas verbas.
Aquí vos deixo un vídeo que fixen onde poderedes ler (con axuda das adultas) e escoitar (coas orellas ben abertas) 3 trabalinguas! É importante escoitar varias veces cada trabalingua, para axudar a memorizalo antes de repetilo.
Para os máis pequenos, incluso pódese partir en dous trabalinguas e repetirse cachiño a cachiño.
Trabalinguas olladas na web "Orellapendella": https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/
Coñecedes algún trabalinguas? Queredes compartilo con tod@s? Xa sabes, escríbenos ao mail de infantil o trabalinguas, e nós o compartiremos cos demais compis!
Cami

(Vídeo creado por: Camino Alfaya)
Trabalinguas olladas na web "Orellapendella": https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/
Coñecedes algún trabalinguas? Queredes compartilo con tod@s? Xa sabes, escríbenos ao mail de infantil o trabalinguas, e nós o compartiremos cos demais compis!
Cami
martes, 26 de mayo de 2020
MIRÓ
Esta semana estamos coa arte así que vos propoño coñecer un pouco máis ao pintor Joan Miró a través deste vídeo:
Canto lle gustaban as cores a este artista! Vos animades a debuxar algunha das súas obras?? Aquí podedes velas e intentar reproducir a que máis vos guste! Seguro que sodes tamén uns artistazos.
Espero os vosos debuxos ;)

lunes, 25 de mayo de 2020
REPLICAMOS UN CADRO
A proposta desta semana para a videoconferencia é: recrear un cadro famoso!
Podedes participar toda a familia ;) Tedes que buscar un cadro que vos guste e facer a vosa versión, sacarlle unha foto e mandala ao email de infantil. O día da videochamada a compartiremos cos demais e explicaremos de que cadro se trata e como o fixemos.
A profe Cami e máis eu fixemos as nosas versións, queredes velas???
Animádevos, podedes facer máis de unha e pasar un divertido momento en familia ;)

sábado, 23 de mayo de 2020
AS NOSAS RECEITAS
A proposta desta semana era elaborar unha receita en familia e contala aos demais na videochamada semanal.
Queredes ver o que fixemos? Ollade que boa pinta teñen:
Queredes ver o que fixemos? Ollade que boa pinta teñen:
viernes, 22 de mayo de 2020
XOGANDO COS NÚMEROS
Sabedes que podemos traballar diferentes aspectos do números con obxectos cotiáns ou fabricando xogos con material de refugallo?
Hoxe vos deixo algunhas propostas para seguir aprendendo na casa empregando e construindo novos xogos, a ver que vos parece:
- Asociar obxectos coa grafía correspondente:
- Ou traballar o conteo engadindo boliñas nas cometas ata conseguir o número correcto:
- Traballar o anterior e posterior dun número:
- Descompoñer números facendo pequenas sumas mentais:
Animádevos e creade os vosos propios xogos de números ;)
jueves, 21 de mayo de 2020
TRABALLAMOS O GUSTO
Aproveitando que esta semana a proposta vai de comidas, que vos parece se facemos unha cata de alimentos para traballar o sentido do gusto??
So necesitades unha mesa con varios pratos e alimentos que teñades da casa. Procurade buscar alimentos que teñan diferentes gustos: ácidos, doces, salgados... O sabor amargo é un pouco máis dificil de atopar pero se vos animades adiante!!

O xogo consiste en vendar os ollos (voluntario) e ir probando diferentes alimentos, adiviñar de que se trata e ir clasificandoos en doces, salgados ou ácidos. Podedes participar toda a familia ;)
Despois podedes completar a actividade cubrindo unha folla cos datos obtidos. Por exemplo:
Deixo uns videos sobre o gusto por se vos apetece velo:
Espero que vos guste e vos divirtades xogando ;)
miércoles, 20 de mayo de 2020
KAHOOT II
PROPOSTA AUDICIÓN E LINGUAXE
Boas!
Esta semana imos probar cun novo xogo online, a ver se vos gusta!
Trátase dun xogo interactivo online, chamado Kahoot, onde as profes creamos as preguntas que poden ser de moitas temáticas e tipos.
Esta semana, creei un para xogar coa discriminación auditiva. Se vos gusta, seguiremos facendo máis :)
É ben fácil de xogar, tan só debes:
- Darlle click no enlace que aparece abaixo.
- Abrirase unha pestaña nova, onde terás que meter o teu nome, e comezar!
- Irán saíndo as preguntas, pouco a pouco.
- Neste caso, en cada pregunta, aparecerá un mini-vídeo, escoitao, moi atentamente, coas orellas ben abertas, agudiza o teu oído e elixe a resposta a que máis se parece ao que escoitaches.
Enlace aquí abaixo!
https://kahoot.it/challenge/
Xa nos diredes se vos gustou, para facer máis ou non ;)
Apertas a distancia!
Cami
martes, 19 de mayo de 2020
XOGO DO ALOIA
O proxecto " Viaxe al Reino das emocións" no que participamos, comparte connosco este xogo para seguir traballando as emocións e disfrutar en familia.
lunes, 18 de mayo de 2020
PEIXE ARCO DA VELLA
Coñecedes o conto do Peixe arco da vella??
Unha vez escoitado ou lido, se o tedes na casa, podedes facer o voso propio peixe empregando recursos que teñades pola casa.
Deixo algunha idea pero seguro que se vos ocorren máis. Espero as vosas creacións ;)

domingo, 17 de mayo de 2020
AS VOSAS PALABRAS
Feliz día das Letras Galegas!
Ollade que palabras e sobre todo, que imaxes máis fermosas nos enviaron algunhas familias ☺
Moitas grazas por participar na iniciativa.
Ollade que palabras e sobre todo, que imaxes máis fermosas nos enviaron algunhas familias ☺
Moitas grazas por participar na iniciativa.
viernes, 15 de mayo de 2020
DIA DA FAMILIA
Hoxe é o Día da familia! Para celebralo, xa que non podemos facelo no cole, que vos parece se creades en familia o voso propio agasallo?
A ver que vos parecen estas ideas:
A ver que vos parecen estas ideas:
Seguro que quedan uns regalos chulísimos ;) Espero ver as fotos!
OS BOLECHAS
Na web: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero atopamos o conto de Os Bolechas e Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado nas Letras Gallegas este ano.
Para descargalo e lelo so tedes que facer clic na imaxe:
Para descargalo e lelo so tedes que facer clic na imaxe:
jueves, 14 de mayo de 2020
AS PITAS BAIXO A CHOIVA
Así se titula un dos contos que escribiu o homenaxeado este ano pola Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero. Para coñecer mellor esta obra, o Proxecto da CNLCA de Ferrolterra comparten esta obra na web http://aspitas.gal/ para traballala cos cativos. Ahí podemos atopar:
- Algunhas fichiñas:
- O conto:
Para ler
Para escoitar

- A música:
- Algunhas fichiñas:
miércoles, 13 de mayo de 2020
KAMISIBAI
Proposta de Cami, a mestra de A.L.:
Sabedes o que é un Kamisibai? É unha forma de teatro xaponés, unha maneira de contar contos moi habitual en Xapón. Trátase dun teatriño de madeira (ou outro material) ai que se lle abren dúas portiñas. Tamén ten unha guía onde se colocan as láminas coas imaxes do conto.
Facer un é moi doado soamente necesitades unha caixa de carton rectangular, cúter e pegamento, ollade:
Por último podedes decoralo ao voso gusto. E xa está listo para contar contos. Para iso, tedes varias opcións: imprimir imaxes de internet sobre un conto, debuxar as ilustracións e mesmo inventar o voso propio conto. Que mellor forma de celebrar as Letras Galegas que contando un conto?
Aquí vos deixo o conto da profe Cami:
Esperamos os vosos ;)

A PALABRA DO DÍA (III)
A palabra de hoxe é LUSCO FUSCO, esa parte do día que nos deixa imaxes tan bonitas como esta:
Sabiades que? En Galego temos moitos termos para referirnos aos diferentes momentos do día. No portal das palabras podemos atopar 7 diferentes cos seus sinónimos correspondentes. Clica na imaxe se queres saber máis.

Segundo a RAG é o momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras.Sabiades que? En Galego temos moitos termos para referirnos aos diferentes momentos do día. No portal das palabras podemos atopar 7 diferentes cos seus sinónimos correspondentes. Clica na imaxe se queres saber máis.
martes, 12 de mayo de 2020
RICARDO CARVALHO CALERO
Este ano o homenaxeado no día das Letras Galegas é: Ricardo Carvalho Calero.
Para coñecer un pouquiño máis sobre el, déixovos este escape room (creado por kyara8, unha mestra do CPI de Vedra) con probas adaptadas a infantil. Espero que vos guste ;)
Ademais, como todos os anos, o Seminario Galán, na súa web http://seminariogalan.org/ propón actividades en liña e en papel sobre o homenaxeado e adaptadas as diferentes idades:

A PALABRA DO DÍA (II)
Hoxe a profe Cami mándamos a palabra do día: FIUNCHO. Coñecedes esta planta?
Sabiades que? O fiuncho é unha das sete herbas do San Xoán. A lenda di que espanta os malos espíritus e quita o mal de Ollo. Tamén é unha herba mendicinal antiinflamatoria e un condimento alimentario.
lunes, 11 de mayo de 2020
A PALABRA DO DÍA (I)
Esta semana celebramos o día das Letras Gallegas e por iso cada día imos subir unha imaxe cunha palabra en Galego.
Que vos parece se nos axudades! So tedes que buscar cos peques o obxecto, sentimento, elemento da natureza...que máis vos guste e lle sacades unha foto co seu nome en Galego ;) así Ao final da semana teremos un montón de palabras e imaxes preciosas.
Comezo eu coa palabra máxica APERTA: iso que nos daremos tod@s o día que volvamos ao cole ;)

Espero as vosas fotos!
viernes, 8 de mayo de 2020
CURTAS SOBRE VALORES
Seguro que moitos de vos sabedes que tanto o curso pasado como este, estivemos traballando o Proxecto "O Reino das emocións" de meninos. Este proxecto axudanos a desenvolver as nosas emocións e traballar habilidades sociais, valores...
Un dos recursos que nos ofrecen é unha filmografía con videos para traballar as diferentes competencias emocionais ao longo do curso. Hoxe gustaríame compartila con vos para que na casa sigan a traballalas.
Clica na imaxe:
Ademais, enviaron uns diplomas para darlle aos nenos/as polo ben que o están a facer!
A idea que tiña era darllos en persoa cando volveramos... pero segundo as últimas novas eso vai estar complicado este curso. Así que volas poño aqui e cando poidamos as imprimimos para cada un.
Noraboa a todos, porque están feitos uns campeóns e campeonas!!
CONTAMOS SÍLABAS
Cada día, na aula, o encargado dicía a súa palabra favorita e intentaba escribila para que a analizaramos entre tod@s. Usando este panel:
Entre as cousas que analizábamos estaba o número de sílabas: dando unha palmada por cada sílaba da palabra. Os primeiros días comezamos facendo este exercicio de palmear cos seus nomes, podedes probar na casa a facelo cos nomes de toda a familia ;) e continuar con xoguetes ou palabras que vos digan eles.
Deixovos tamén un xogo impreso de contar sílabas (da web http://laclassedelaurene.blogspot.com/), que consiste en dicir oralmente a palabra do debuxo e tachar tantos círculos como sílabas (palmadas) ten. Xa sabedes, como sempre, que podedes facer a vosa propia versión con recortes de revistas ou debuxos e mesmo animar aos peques a escribir o número total de sílabas.
Para descargalo facede clic na imaxe:
Actualizo. Atopei outro xogo de contar sílabas no blog: https://gumroad.com/logopedialetraaletra
Espero que vos guste. Todos a dar palmadas!! ;)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)