lunes, 1 de junio de 2020

EXPERIMENTOS II

Esta semana ímonos converter en científicos!

Xa sabedes que aos peques lles encantan os experimentos, así que elixide un e a probalo 😊 aproveitando esta calor podedes elexir algún de auga e así de paso vos refrescades ;)

Vos deixo algún vídeo con varios exemplos, pero seguro que se vos ocorren moitísimos máis:



Espero os vosos vídeos ;) 

FRUITS II

Follow the pattern / Sigue el modelo

https://drive.google.com/file/d/1to1rLh7RBjcuTahrHO3RBh8rP_eSwzps/view

viernes, 29 de mayo de 2020

OS VOSOS CADROS

Xa temos aquí o resultado da proposta desta semana! Queredes ver como quedaron as recreacións dos cadros? Estes nen@s están feitos uns artistas ;)














HABILIDADES LINGÜÍSTICAS

No blog https://siembraestrellas.blogspot.com podemos atopar este genially con moitísimas actividades para traballar as habilidades comunicativas e lingüísticas dos peques.




Espero que vos gusten

jueves, 28 de mayo de 2020

KANDINSKY

Outro pintor moi famoso e que aos peques lles resulta fácil de representar é Kandinsky. As súas composicións permiten traballar as diferentes liñas e formas xeométricas. Queredes coñecer un pouquiño máis? Aquí tedes un conto sobre el:



Kandinsky from rbk_

Agora que xa coñecedes algunha das súas obras collede unha regra, rotuladores, tapóns de diferentes tamaños (para facer os círculos) e inventade a vosa propia obra baseada neste pintor ;) E de paso repasamos as diferentes formas xeométricas, os tamaños e as cores.

Ollade máis composicións súas para inspirarvos. Espero os vosos debuxos ;)


miércoles, 27 de mayo de 2020

TRABALINGUAS

PROPOSTAS A.L:

Boas de novo!

Hoxe, imos exercitar a lingua! Como? Cuns TRABA-TRABALINGUAS!

Os trabalinguas teñen moitas vantaxes: ademais de ser un xogo popular e de fomento da nosa lingua, é moi beneficioso para mellorar a pronunciación e vocalización, a memoria, o vocabulario, ademais de ser un xogo moi divertido que non precisa máis que as nosas verbas.

Aquí vos deixo un vídeo que fixen onde poderedes ler (con axuda das adultas) e escoitar (coas orellas ben abertas) 3 trabalinguas! É importante escoitar varias veces cada trabalingua, para axudar a memorizalo antes de repetilo. 
Para os máis pequenos, incluso pódese partir en dous trabalinguas e repetirse cachiño a cachiño.


(Vídeo creado por: Camino Alfaya)


Trabalinguas olladas na web "Orellapendella": https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/

Coñecedes algún trabalinguas? Queredes compartilo con tod@s? Xa sabes, escríbenos ao mail de infantil o trabalinguas, e nós o compartiremos cos demais compis!

Cami


martes, 26 de mayo de 2020

MIRÓ

Esta semana estamos coa arte así que vos propoño coñecer un pouco máis ao pintor Joan Miró a través deste vídeo:


Canto lle gustaban as cores a este artista! Vos animades a debuxar algunha das súas obras?? Aquí podedes velas e intentar reproducir a que máis vos guste! Seguro que sodes tamén uns artistazos.

Espero os vosos debuxos ;)