jueves, 21 de diciembre de 2017

A BIBLIOTECA NO PRIMEIRO TRIMESTRE

Como xa sabedes, a nosa biblioteca non é soamente un espazo para ler e disfrutar dos libros. É o lugar onde nos xuntamos para realizar actividades internivelares como visitas de escritores, contacontos, xornadas de igualdade, obradoiros... Trátase dun espazo para os nenos e nenas pero tamén para as familias, un lugar para ler pero tamén para aprender.

Se queredes coñecer as actividades que fixemos neste primeiro trimestre ollade:








miércoles, 29 de noviembre de 2017

GALEGÓMETRO

O Venres pasado entregamos os premios do I GALEGÓMETRO do curso. Os gañadores foron: Saúl, Sofía, Nahiara (representada por Jessi), Sara e Nayara. NORABOA!!!!



Para os que non sabedes, o Galegómetro é un concurso de preguntas co que pretendemos fomentar o uso da lingua galega e aprender cousas novas da nosa cultura.  Estas son as cuestións que apareceron ata o momento, a ver se sodes quen de acertalas todas:












sábado, 25 de noviembre de 2017

25 NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe celébrase o día contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca do Paraixal queremos sumarnos cunha exposición de contos sobre igualdade que durante estas semanas estivemos lendo na aula grazas a aportación dalgunha familia e os obradoiros de igualdade celebrados o Venres 17. Dende o noso centro cremos que temos que educar dende  infancia para conseguir eliminar este tipo de violencia. 



Ademáis, onte fixemos un mural entre todo o alumnado do centro e uns brazaletes morados co símbolo do Yin e Yang, proposto dende o proxecto de Illa Fantasía no que participa o centro. Ollade que ben quedaron:



martes, 14 de noviembre de 2017

Visitounos Pepe Carreiro. Para saber máis clica na imaxe