viernes, 19 de junio de 2020

DEBERES PARA O VERÁN

O curso chega ao seu fin! Un curso atípico e estrano. ..
Propóñovos unha serie de actividades que atopei na Rede, para facer durante verán, xa nos contaredes cantas sodes quen de completar 😊

Aproveito a última entrada para agradecer ás familias a súa colaboración e dedicación nesta situación!

Bo Verán 😚😚

jueves, 18 de junio de 2020

CONTACONTOS A. L.

A profe Cami despídese de nós da mellor forma posible: contando un conto. Seguro que o recordados, titúlase A que sabe a lúa! !



Moitas grazas por todas as túas actividades!!! 

miércoles, 17 de junio de 2020

PROPOSTAS VERANIEGAS

Comparto unha serie de actividades que a profe Mar Quirell publica no seu blog :  https://marquirell.blogspot.com con actividades divertidas para este verán ☺


martes, 16 de junio de 2020

lunes, 15 de junio de 2020

CAMPOS SEMÁNTICOS

PROPOSTA DE A.L:

Ola a todas e todos!

Esta última semana, imos xogar co vocabulario e cos campos semánticos!


Adiviñades a que campo semántico pertence cada foto?? Para isto, os pasos a seguir son os seguintes:

1º Observamos cada foto, con moita moita atención. 

2º Nomeamos cada obxecto que observamos en voz alta. Mellorando así o noso vocabulario.

3º Pensamos na relación que existe entre eses obxectos que observamos. Que teñen en común entre elas? Son...?

4º Por último, unha vez adiviñada a relación entre eles, pensamos outros obxectos que poderían pertencer a ese conxunto de cousas, aumentando así o voso vocabulario.



Aí van os conxuntos!








Tamén podedes facer vos novos campos semánticos de cousas que atopedes por casa! E se queredes, compartide con tod@s enviando as fotos ao mail do cole: infantilparaixal@gmail.com

Apertas!

Cami

viernes, 12 de junio de 2020

OS VOSOS XOGUETES

Esta semana estivestes creando xogos e xoguetes con material de refugallo. Aquí algunhas das vosas súper creacións: coche robot, furgoneta, cohete, tres en raia, acuario e ata un coche eléctrico! Noraboa polo traballo, quedaron xenial:




Moitas grazas pola cosa participación 😊

jueves, 11 de junio de 2020

XOGOS CON CARTÓN

Déixovos una vídeos con algunas ideas de xogos que se poden facer con material de refugallo. Facede clic nas imaxes:








Espero que as vosas propostas ;) 

HELLO-GOODBYE / OLA-ADEUS

SAY HELLO AND GOOD BYE! / DI HELLO E GOOD BYE!

https://arbolabc.com/vocabulario-en-ingles/hello-good-bye

BYE, BYE BOYS AND GIRLS! / ADEUS NENOS E NENAS!


miércoles, 10 de junio de 2020

CONTO PERSONALIZADO

O outro día atopei unha web onde descargar un conto personalizado co nome dos vos@ fill@ para que podían colorear. Se queredes conseguir un, son redes que facer clic na imaxe.



Tamén ten a opción dun conto para irmáns: https://hurraheroes.es/libro-colorear-hermanos-gratuito

Espero que vos guste ;) 



martes, 9 de junio de 2020

CREANDO NATUREZA

Na proposta desta semana vos animo a empregar material de refugallo para crear. Como vedes na imaxe se pode conseguir unha horta empregando envases: briks, iogures... Animádevos a facer a vosa propia prantación ;)



Outra actividade moi chula, relacionada coa natureza e aproveitando que xa saímos a pasear é crear unhas plantillas de animais, mellor feitas de carton ou papel reciclado ou usado, e completalas con elementos naturais. Ollade que cousas máis bonitas:


Espero as vosas fotografias!!

lunes, 8 de junio de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe celébrase o Día mundial dos océanos para recordarnos a importancia de coidar os nosos mares.
Vos deixo esta pequena curta para seguir concienciándonos nesta gran problemática:


Para contribuir a protexer o noso medio, esta semana estamos a crear xogos e obras de arte reutilizando materiais. Por exemplo este xogo que traballa a atención e a motricidade fina:


Animádevos a crear;) 

ADIVIÑAS

PROPOSTA A.L:

Ola!

Hoxe tráiovos unhas adiviñanzas. 

Son 3 diferentes, que poderedes escoitar no seguinte vídeo.

Anotade as respostas, xa que o venres 5 de maio sairán as solucións! 



(Vídeo realizado por: Camino Alfaya)


Apertas!

Cami

viernes, 5 de junio de 2020

DIA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celébrase o Día mundial dos medio ambiente! Xa sabedes que no cole gústanos coidar o noso contorno e aprender cómo facelo. Nos axudades?


Aproveito para comentarvos unha iniciativa de artelixo que terá lugar esta tarde en Redondela, por se vos apetece dar un paseo por alí. Ademais poderedes atopar unha exposición de arte con material de refugallo. Clicade na foto para saber máis:


Se ides sacade moitas fotos e collede ideas para o próximo reto semanal: crear reutilizando material ;) 

FRUITS AND VEGETABLES

LET´S PLAY WITH SALADS! / IMOS XOGAR CON ENSALADAS!

https://www.sesamestreet.org/games?id=20585

WHAT´S YOUR FAVORITE VEGETABLE? / CAL É O TEU VEXETAL FAVORITO?


jueves, 4 de junio de 2020

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

Hice déixovos unha serie de propostas que Eva Solaz, educadora e psicóloga infantil, comparte no seu Facebook para o traballo das emocións.

Clicando en cada semana abrirase un PDF con contos sobre diferentes temas emocionais e exercicios de meditación.





Se queredes saber un poco máis sobre Ela e o seu programa RETO: https://eligeeducar.cl/reto-programa-educativo-basado-manejo-las-emociones


miércoles, 3 de junio de 2020

KAHOOT III

Recordades todo o que aprendimos no 1º trimestre sobre os animais do mar? Para repasar as aprendizaxes déixovos este kahoot (facede clic na imaxe):


Espero que vos guste ;)

martes, 2 de junio de 2020

A SOPRAR BARQUIÑOS

PROPOSTA DA MESTRA DE A.L.: 

Boas!

Con estes días tan soleados, apetece moito xogar coa auga, verdade? Pois esta semana, imos soprar barquiños feitos con cortiza! :)

Como sabedes, exercitar a respiración é moi importante para mellorar a nosa articulación e vocalización, que están desenvolvendo nestas idades. Para facer deste exercicio un momento lúdico e divertido, vos propoño:

Barquiños de cortiza

Os tapóns de cortiza que temos por casa e sempre rematan no lixo, son un material estupendo para reutilizar e facer xogos. Neste caso, imos reutilizalos dándolle unha segunda vida creando barquiños para o xogo das crianzas.

Con esta proposta imos crear uns barquiños para xogar con auga: na bañeira, nun cubo na terraza ou xardín da casa (dependedo das vosas posibilidades), xa que o bo tempo invita a xogar coa auga.


 Materiais que precisamos: 

. Tapóns de cortiza
. Paus para brochetas, de madeira
. Tesoiras
. Pistola de silicona ou cola
. Goma eva, ou bolsas de colores, trociños de tea, cartolinas..
. Palliiñas
. Caldeiro de auga, bañeira, ou fregadeiro.





Como construimos os barquiños?
Para facer estes pequenos barquiños tan só temos que...

Paso 1: Xuntamos dous tapóns de cortiza dos que vaiamos atopando na casa. Cortamos os paus das brochetas para facelos máis cortiños e que o barco non naufraxie, unimos con silicona quente os dous tapóns colocando no medio o trociño de pau perpendicularmente aos corchos. Moi importante suxeitalo ben coa cola!



Paso 2: Recortamos trianguliños de goma eva, tea, ou trociños de bolsas plásticas de cores. Non moi grande, senón o noso barco terá moito peso.



Paso 3: Facemos dous buratiños na “vela” (goma eva) do barco para pasar o “mástil” (pau de madeira).


E xa están listos para xogar!

Se empregamos palliñas podemos facer carreiras de barcos, e xogar a movelos dun lado a outro facendo burbuxas na auga.

Velaquí o meu resultado!


lunes, 1 de junio de 2020

EXPERIMENTOS II

Esta semana ímonos converter en científicos!

Xa sabedes que aos peques lles encantan os experimentos, así que elixide un e a probalo 😊 aproveitando esta calor podedes elexir algún de auga e así de paso vos refrescades ;)

Vos deixo algún vídeo con varios exemplos, pero seguro que se vos ocorren moitísimos máis:



Espero os vosos vídeos ;) 

FRUITS II

Follow the pattern / Sigue el modelo

https://drive.google.com/file/d/1to1rLh7RBjcuTahrHO3RBh8rP_eSwzps/view