martes, 2 de junio de 2020

A SOPRAR BARQUIÑOS

PROPOSTA DA MESTRA DE A.L.: 

Boas!

Con estes días tan soleados, apetece moito xogar coa auga, verdade? Pois esta semana, imos soprar barquiños feitos con cortiza! :)

Como sabedes, exercitar a respiración é moi importante para mellorar a nosa articulación e vocalización, que están desenvolvendo nestas idades. Para facer deste exercicio un momento lúdico e divertido, vos propoño:

Barquiños de cortiza

Os tapóns de cortiza que temos por casa e sempre rematan no lixo, son un material estupendo para reutilizar e facer xogos. Neste caso, imos reutilizalos dándolle unha segunda vida creando barquiños para o xogo das crianzas.

Con esta proposta imos crear uns barquiños para xogar con auga: na bañeira, nun cubo na terraza ou xardín da casa (dependedo das vosas posibilidades), xa que o bo tempo invita a xogar coa auga.


 Materiais que precisamos: 

. Tapóns de cortiza
. Paus para brochetas, de madeira
. Tesoiras
. Pistola de silicona ou cola
. Goma eva, ou bolsas de colores, trociños de tea, cartolinas..
. Palliiñas
. Caldeiro de auga, bañeira, ou fregadeiro.





Como construimos os barquiños?
Para facer estes pequenos barquiños tan só temos que...

Paso 1: Xuntamos dous tapóns de cortiza dos que vaiamos atopando na casa. Cortamos os paus das brochetas para facelos máis cortiños e que o barco non naufraxie, unimos con silicona quente os dous tapóns colocando no medio o trociño de pau perpendicularmente aos corchos. Moi importante suxeitalo ben coa cola!



Paso 2: Recortamos trianguliños de goma eva, tea, ou trociños de bolsas plásticas de cores. Non moi grande, senón o noso barco terá moito peso.



Paso 3: Facemos dous buratiños na “vela” (goma eva) do barco para pasar o “mástil” (pau de madeira).


E xa están listos para xogar!

Se empregamos palliñas podemos facer carreiras de barcos, e xogar a movelos dun lado a outro facendo burbuxas na auga.

Velaquí o meu resultado!


No hay comentarios:

Publicar un comentario