viernes, 21 de diciembre de 2012

viernes, 30 de noviembre de 2012

PAPA NOEL

Xa chegou Papá Noel. Se queredes velo podedes ir tódolos días a partires das 18:00 a tenda de Navidad do Corte Inglés. Para ver máis información premede no seguinte enlace http://kedin.es/pontevedra/que-hacer/papa-noel-y-su-duende-esperan-a-los-peques-en-el-corte-ingles-vigo.html

viernes, 9 de noviembre de 2012

Bram Stoker

Bram Stoker é o protagonista do doodle que Google mostrou o 8 de novembro co fin de celebrar o 165 aniversario do seu nacemento. Bram Stoke é coñecido pola súa novela Drácula, obra maestra do xénero de terror.

miércoles, 31 de octubre de 2012

martes, 30 de octubre de 2012

Recomendacións para estas datas

Aproveitando a data na que estamos, propoñémosvos un plan para mañá á tardiña: que vos parece se ides ó cine a ver HOTEL TRANSILVANIA:




Despois podedes facer nas vosas casas pizzas como estas:
Ou tamén bocatas como os seguintes para asustar ós vosos amigos:
QUE PASEDES MOITO MEDOOOOOOOOOOOOOOOOOO!

viernes, 26 de octubre de 2012

A IMPORTANCIA DE SABER LER

Para que vexades o importante que é saber ler

jueves, 25 de octubre de 2012

Fotos do día das bibliotecas escolares

Onte vimos os vídeos do día das bibliotecas na nosa biblioteca todos xuntiños.
Mirade que guapos saímos

miércoles, 24 de octubre de 2012

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. A mellor forma de celebralo e visitando a nosa biblioteca e compartindo un libro cos amigos.
Aquí deixovos un video que espero que vos guste



E para que vos animedes a leer aquí tedes unha bonita historia para os máis pequenos do cole





e para os maiores

lunes, 22 de octubre de 2012

LETRAS ANIMADAS

Boas tardes! Espero que disfrutedes destas letras animadas que me recomendaron. Tedes que ir premendo en cada letra para veres o animal resultantes.
A ver que animal ten a vosa inicial!

ABECEDARIO ANIMADO

domingo, 21 de octubre de 2012

O Samain

O samain é unha festa de orixen celta celebrada no mundo enteiro. Para quenes queirades saber máis podedes ver este power point realizado polos nosos amigos do IES de Porto do Son.
E como en tódalas festas que se precen...imoslle a bailar un pouco!

miércoles, 10 de octubre de 2012

Os tres mosqueteiros

 A serie de televisión D' Artacan e os tres Mosqueperros cumpliu este martes o seu trixésimos aniversario.


Esta producción popularizou o libro de Alexandro Dumas. Para quenes queiran saber máis sobre esta historia, podedes premer no seguinte enlace


"Los tres mosqueteros", un libro de aventuras para todos los jóvenes

NORABOA KALANDRAKA

O Ministerio de Cultura acaba de premiar como mellor labor editorial do ano 2012 a KALANDRAKA EDITORA, unha editorial de Literatura Infantil e Xuvenil que con 18 anos de vida revolucionou o mundo das publicacións non só en Galicia e Espana senón que é un Proxecto editorial fortemente comprometido coa promoción da boa literatura, coidadas edicións e a difusión do seu labor polo mundo, dende aquí, dende Pontevedra



Recorda que na nosa biblio hai moitisimos libros desta editorial cos que seguro disfrutas.

Exhibición de pinturas

Os alumnos de sexto fixeron unha exposición dos seus traballos na aula de Arts and Crafts na nosa biblioteca.
Destacan as súas cores e o relieve dos traballos por seren feitos en plastilina e ceras.
Moitos alumnos acercáronse a disfrutar destas obras. Esperemos que vos gusten!


Benvidos ao novo curso!

Comezamos este ano na biblioteca con un pouco de intriga....No noso cole apareceron uns carteis para publicitar a labor dos voluntarios da biblioteca e pedindo axuda para poder realizar o préstamo día a día.
Ademáis disto, tamén apareceron carteis nos que aparecía a conta atrás para o comezo das mochilas viaxeiras...
Esperamos que vos gustase a intriga!


miércoles, 20 de junio de 2012

REVISTA "ENREDOS"

Xa podedes disfrutar da revista do Cole: a edición número 12 de "ENREDOS" xa está dispoñible para todos e todas. Nela atoparedes unha pequena mostra das actividades, traballos, conmemoracións... deste curso escolar. Que pasedes un bo ratiño!

lunes, 18 de junio de 2012

As mochilas viaxeiras xa están de volta na Biblioteca tras unha longa viaxe que comezou hai moitos meses. Chegan cheas de estupendos comentarios e valoracións. Agora tócalles descansar e repoñerse para volver as casas de todos os nenos e nenas no mes de outubro.

domingo, 17 de junio de 2012

SESIÓN DE CONTACONTOS POLOS NENOS DE 1º

Hoxe houbo unha sesión especial de contacontos na nosa biblio: "Os porquiños e o lobo".


Comeza a función

A primeira parte do conto vímola proxectada na pantalla e tratábase de imaxes coloreadas polo nenos e nenas de 1º de primaria coa narración da historia previamente gravada tamén por eles.


Todos moi atentos 

 A segunda parte do conto escenificouse acompañada dunha canción.




Para finalizar fixemos unfa foto para inmortalizar o momento. Que ben o pasamos!



lunes, 4 de junio de 2012

Contacontos "El Patito Feo"







Hoxe houbo unha nova sesión de contacontos para os nenos e nenas de Educación Infantil. Alba Brea (alumna de 6º Ed. Primaria) preparou o conto "El Patito Feo" para os máis pequenos que estiveron moi atentos e o pasaron moi ben:


Colorearon o protagonista do conto:



E aquí vos deixamos unha foto dos seus debuxos:


miércoles, 16 de mayo de 2012

Contacontos con Raquel Galavís

Entre as actividades que levamos a cabo para a celebración do Día das Letras Galegas, este ano puidemos contar no cole coa presenza de Raquel Galavís. Pasamos un bo rato cos seus contos:





Valentín Paz Andrade

Este ano o Día das Letras Galegas adicámolo a Valentín Paz Andrade. No cole celebrámolo buscando información na web, facendo varias unidades didácticas, elaborando murais e cunha exposición no patio para que toda a Comunidade Educativa participara da actividade:







Se queredes podedes visitar a web da coordinadora de equipos de normalización e dinamización lingüística onde tedes moitos recursos para traballar.

jueves, 26 de abril de 2012

Correo escolar

Con motivo da celebración do Día do Libro o pasado 23 de abril, os nenos e nenas do 3º ciclo prepararon durante a semana o agasallo para os compañeiros/as do CEIP Carballal. 
Agardamos que vos gustaran!


lunes, 23 de abril de 2012

CELEBRAMOS O DÍA DO DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro no cole pero, en realidade, xa levamos un par de semanas coa actividade. Todos os nenos e nenas prepararon un conto para narrarlle a un compañeiro/a. Tras a lectura dun texto aclaratorio sobre a celebración desta data, cada parella intercambiou as súas historias e fixo un debuxo; con todos elaborouse un gran mural. Ó finalizar, cada neno/a agasallou cun marcapáxinas ó seu compañeiro/a. Foi unha experiencia moi bonita da que vos deixamos a continuación algunhas mostras!  
FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS!




DIA DO LIBRO - 23 A

Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO. Na web Día del Libro atopamos información moi interesante:
"La celebración del día del libro se remonta a principios de siglo. La historia del libro se hace festiva y surgenactividades literarias en toda España. Hoy, el día 23 de Abril se celebra en todo el mundo, el día del libro internacional.
El Origen del día del libro se remonta a 1930. El 23 de abril de 1616 fallecían Cervantes y Shakespeare. También en un 23 de abril nacieron – o murieron – otros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta fecha tan simbólica para la literatura universal fue la escogida por la Conferencia General de la UNESCO para rendir un homenaje mundial al libro y sus autores, y alentar a todos, en particular a los más jóvenes, a descubrir el placer de la lectura y respetar la irreemplazable contribución de los creadores al progreso social y cultural. 
La idea original de esta celebración partió de Cataluña, del escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, proponiéndola a la Cámara Oficial del Libro de Barcelona. Poco después, en 1930, se instaura definitivamente la fecha del 23 de abril como Día del Libro mundial, donde este día coincide con Sant Jordi (San Jorge), patrón de Cataluña y Aragón y es tradicional que los enamorados y personas queridas se intercambien una rosa y un libro.
El Día del Libro fue propuesto por la Unión Internacional de Editores (UTE), y presentada por el gobierno español a la Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura (Unesco). En 1995, se aprobó proclamar el 23 de abril de cada año el "Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor".

DÍA DO LIBRO - 23 A

Facendo click na imaxe podes disfrutar dun vídeo:

sábado, 21 de abril de 2012

ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO

Queres divertirte un pouco e ao mesmo tempo comprobar canto sabes? Fai click na seguinte imaxe e xa podes comezar:

miércoles, 28 de marzo de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS

Aquí tedes unha serie de recomendacións en torno ao tema da lectura e os vosos fillos/as.

martes, 27 de marzo de 2012

DÍA DO TEATRO - 27 M

Hoxe é o Día Mundial do teatro.
Esta foi a última obra representada na biblio polos nenos e nenas de 1º primaria:

jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA - 22M

Hoxe, 22 de marzo, é o “Día Mundial da Auga”, e no colexio unímonos á celebración coa organización dun evento con valores deportivos e solidarios, que á vez supón unha xornada de convivencia entre os nenos/as, a “IV Carreira de Gotas para Níxer”. 


Durante estes días estamos traballando a importancia de usar a auga de xeito
axeitado, ademais de cal é a situación de moitos nenos e nenas do mundo que non
teñen a fortuna de contar con auga potable próxima e de calidade. Concretamente
para Níxer". A situación deste país africano, un dos máis pobres do mundo no que un
de cada cinco nenos e nenas non chega aos cinco anos de idade, precisa da nosa
atención.

Un dos elementos que pode servir para mellorar esta realidade é o desenvolvemento
do programa de Supervivencia Infantil que esta organización leva adiante en Níxer,
poñendo un especial énfase en proporcionar aos habitantes un mellor acceso á auga
potable, da que só poden gozar o 48%, un sistema de saneamento (latrinas,
sumidoiros e xestión de residuos) só ao alcance do 9% dos seus habitantes e a
promoción de prácticas hixiénicas básicas e efectivas.


Na web do Cole podes atopar os vídeos desta actividade

miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA

Celebramos o DÍA DA POESÍA á vez que seguimos traballando no tema do consumo responsable, enfocado no 1º e 2º ciclo de primaria Á AUGA. Por eso vos propoñemos o seguinte conto para que pensedes na sorte que tedes; nós xa o fixemos:
Ademais, aquí vos deixamos uns enlaces interesantes para traballar coa poesía:


Non esquezas pasar pola biblio 
e coller o teu libro de poesía!

jueves, 15 de marzo de 2012

Onte e hoxe estamos a celebrar no cole o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

O lema para a celebración deste ano 2012 relaciónase coa información, formación

e educación, garantizando deste modo os dereitos dos consumidores.

Un consumidor informado exise e fai valer os seus dereitos. Ademáis non debemos 

olvidar que a formación e a educación fomentan un consumo responsable e sostible.

O lema tamén refírese ás novas tecnoloxías e a información e difusión dos 

dereitos dos consumidores e usuarios no mundo globalizado das redes sociais.

Fixemos varias actividades que queremos compartir con todos vos:
- Vimos dous vídeos na biblio:
XOGO INTERACTIVO CONSUMOEste é un xogo interactivo, creado por Greenpeace, para fomentar entre
os máis novos o consumo crítico e responsable. Pretende favorecer a reflexión sobre o impacto dos nosos 
hábitos de consumo e as nosas accións no medio ambiente
- Os nenos e nenas de Infantil debuxaron hábitos da persoa consumista e hábitos da persoa responsable.
- Os nenos/as de 1º e 2º ciclo viron ademais:
 e fixeron un mural con prácticas correctas/incorrectas sobre o uso da auga e outro co rexistro persoal de gasto de auga.
- O alumnado do 3 ciclo traballo nos dereitos do consumidor, na información que deben dar as etiquetas dos productos e nas follas de reclamacións.

miércoles, 14 de marzo de 2012

DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE - 15 M

Esta semana imos traballar no cole distintos aspectos do consumo responsable De momento deixámosche uns vídeos que seguro te farán reflexionar:

lunes, 12 de marzo de 2012

CONCURSO ESCOLAR ONCE

No 3º ciclo de primaria levamos varias semanas traballando sobre as discapacidades como puidestes ver nas entradas anteriores do blog. Agora tocaba representar nunha lámina as dificultades que podemos atopar no noso barrio e como solucionalas. Aquí tedes unha mostra dos traballos presentados ao Concurso Escolar da Once "Fai o teu barrio accesible" polo alumnado de 5º e 6º:






sábado, 10 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Aquí che deixamos unhas fotos reflexo de como celebramos no cole o Día Internacional da Muller:
- Lectura  
- Vídeo animado