viernes, 27 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

25N

Esta semana celebramos o  25N o  Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada dedicada a facernos reflexionar sobre os distintos tipos de violencia que sofren miles de mulleres de todo o mundo.
                                 

 O día conmemora o asasinato das irmáns Mirabal no ano  1960, coñecidas como "As Bolboretas": Patria, Minerva e María Teresa e por iso  o alumnado participo na elaboración deste mural.


Ademais realizamos lecturas acerca dalgunhas mulleres que  destacaron por ser pioneira do feminismo na loita da igualdade.

Con todo dende a biblioteca recoméndavos a lectura dalgún destes libros: 


                           







sábado, 14 de noviembre de 2020

MES DAS CIENCIAS


En novembro celébrase o mes da Ciencia e ademais hoxe 13 de novembro é o Dia das Librarías.

Con todo nestes momentos resulta importante apoiar ao pequeno comercio das vilas e das cidades, que sempre estiveron ao carón de nós. 

A nosa mascota Sabino recoméndavos algúns libros de ciencias en galego que poderías mercar: