lunes, 30 de noviembre de 2015

Culturgal

Esta fin de semana temos o Culturgal en Pontevedra, así que, xa que é ponte, por que non collemos un tren e damos unha voltiña? Animádevos que seguro que ides desfrutar da viaxe! Aquí vos deixamos o enlace http://culturgal.com/es/

jueves, 26 de noviembre de 2015

Sons Miudos

O catro de xaneiro vai a ver un concerto moi especial no Auditorio Mar de Vigo, os artistas máis coñecidos da música galega infantil vanse xuntar nun evento irrepetible. Dende a biblioteca animámosvos a pedirlle as entradas ao apalpador coma regalo de Nadal.

martes, 24 de noviembre de 2015

150 anos de Alicia

Fai uns días na páxina de google puidemos ver un debuxo para celebrar o 150 aniversario do nacemento de Alicia no Pais das Marabillas. Deixámosvos un enlace para aqueles interesados en saber máis sobre o personaxe. http://cultura.elpais.com/cultura/2015/05/23/actualidad/1432400906_608763.html

CRUCIGRAMAS E OUTROS XOGOS

O mundo das letras non só se trata de libros...tamén hai xogos coma os crucigramas que nos encantan para xogar e ler un pouco. http://www.caxigalines.net/cruci/frutas.html http://www.juegaspeque.com/Pasatiempos/sopaletras.html http://www.pequejuegos.com/juego-mini-ahorcado.html

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Samaín na biblioteca

Este ano decidimos facer un concurso de relatos de medo polo Samaín na que participou case toda primaria. Algúns deses relatos foron terroríficos! En infantil e en primeiro tivemos un concurso de debuxo e tamén houbo varios gañadores. Botádelle un ollo as fotos para ver que ben o pasamos!

martes, 3 de noviembre de 2015

Contacontos no Paraixal

Hoxe tivemos a sorte de contar, unha vez máis, con Miguel para unha sesión de contacontos.
Pasámolo de medo recordando as historias do Cullarapo Croque e O soño de Esther ,entre outros.
Xa estamos desexando que chegue o curso que ven para repetir!