jueves, 5 de diciembre de 2019

III INTERCAMBIO NAVIDEÑO

O alumnado de infantil está  a participar nun intercambio de postais e adornos, relacionados co conto do cascanoces, con outro colexio de Fabara (Zaragoza).

Xa rematamos as nosas felicitacións e as mandamos con toda a nosa ilusión, agardando que lles guste moito o detalle.

Que vos parecen?  Quedaron moi chulas verdade?




jueves, 28 de noviembre de 2019

25N- DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana para recordarmos a importancia da igualdade entre homes e mulleres fixemos un mural con mensaxes escritas polo alumnado sobre o que pensan neste tema.

Podedes velo colgado no corcho do patio, e quedaron mensaxes tan boas como as seguintes:

 

O alumnado o ten moi claro, e seguiremos a traballar conseguir unha igualdade real. 

martes, 5 de noviembre de 2019

CONTACONTOS DO MAR

O pasado mércores tivemos a visita dun contacontos do Concello de Vigo Contaron e cantaron varios contos relacionados co mar e a importancia do seu coidado. Gustáronnos moitísimo e estivemos atentísim@s! Ollade:







martes, 29 de octubre de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECA

O 24 de outubro foi o día das bibliotecas e no Paraixal o celebramos xuntándonos todas e todos para expoñer o que investigamos sobre as especies en perigo de extinción. Ollade todo o que descubriu o noso alumnado, desde os máis pequenos ata os de 6º:




Falaronnos dalgunhas especies que xa desapareceron, doutras que están a piques de extinguirse, senón facemos nada... e ademais estivemos comentando algunhas das causas que provocan esta problemática.

Aprendemos un montón!!!

martes, 15 de octubre de 2019

CARTA DE SABINO

Comezan a chegar as primeiras respostas á carta de Sabino!

En infantil traballamos a problemática da extinción de especies pola acción do home a través da curta: Lemon. Quedounos ben clara a participación do ser humán na extinción de especies pero nós non imos contribuir.



Fidel de 3º fixo un cómic que trata este tema, tamén participou o seu irmán Ramiro. Os nenos e nenas de infantil xa tivemos o privilexio de velo. Deixamolo colgado para que tamén poidades coñecelo:

https://drive.google.com/open?id=13_1enT-Zh-HCjLnJiIdfx6esRQ43DLhV


continuará...

domingo, 6 de octubre de 2019

BENVIDOS AO NOVO CURSO!!!

Comezamos un novo curso no Paraixal e este ano a temática xirará en torno ao mar. Xa temos preparado un espazo na biblio con recursos para investigar e buscar información:



Para iniciarnos no proxecto, Sabino nos mandou unha carta no día en que se celebra o día mundial dos animais (4 de outubro). Nela explicábanos que esta conmemoración é debida a que están a desaparecer numerosas especies no planeta e nos animaba a investigar un pouco máis sobre o tema e as súas posibles causas.

Esperamos as vosas respostas ;)

viernes, 8 de marzo de 2019

8M DIA DA MULLER

Aproveitando a conmemoración do Día da Muller, deixamos unha recomendación de lecturas relacionados coa temática.


miércoles, 27 de febrero de 2019

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

Hoxe o alumnado de infantil e 1º ciclo de Primaria fomos a visitar a biblioteca Juan Compañel. Puidemos aprender as normas á hora de ir a biblioteca, coñecer as súas instalacións e disfrutar de moitos contos. Estamos encantados e de seguro que repetiremos outro ano!

Tamén nos contaron que todos os sábados pola mañá fan sesións de contacontos, https://bibliotecas.xunta.gal/vigo/es/actividades/los-sabados-cuento

Para ver a súa programación deixamos o enlace ao seu facebook: https://www.facebook.com/BibliotecaPublicaVigo/

   
                           
 




lunes, 25 de febrero de 2019

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Onte foi o día de Rosalía de Castro e no cole quixemos facerlle unha pequena homenaxe recitando algúns dos seus poemas. Cada clase preparou e recitou un poema desta escritora galega e ao rematar fixemos unha foto coa súa mascara decorada por cada un de nós.
Ademais, o profe Anxo ensinounos unha canción baseada nos versos de Rosalía.









miércoles, 30 de enero de 2019

MULLERES DE PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz no cole, e para iso investigamos sobre todas as mulleres que gañaron o PREMIO NOBEL DA PAZ. Descubrimos que só hai 15 mulleres fronte aos 90 homes galardonados.

Buscamos información sobre onde naceron estas mulleres, en que ano gañaron o premio nobel e o motivo. Recollendo toda esta información en tarxetas que pegamos nun mapa mundi e que posteriormente servirannos para xogar cos nosos robots.



Por último cantamos todas e todos xuntos algunhas cancións que aprendimos co profe Anxo.